O Inventario Forestal Continuo de Galicia, promovido pola Axencia Galega da Industria Forestal, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela presentou hoxe un avance de resultados deste 2025, nos cales se detectou un aumento total da superficie arborada en Galicia aumenta un 1,4%, isto é, 1.521.318 hectáreas detectadas.
A exposición desta actualización tivo lugar hoxe no Edificio Feuga, e no cal participaron representantes e investigadores das entidades relacionadas con este proxecto.
Das cifras expostas percíbense unhas 438.156 hectáreas de eucalipto, é dicir, un aumento dun 4,6% na superficie arborada por esta especie. Isto supón un incremento de 19.000 hectáreas en comparación co anterior inventario, publicado o pasado ano, dunhas 29.000 máis en relación a hai dous anos. O documento non especifica a súa orixe, é dicir, se son de novas plantacións ou tamén de plantacións xuvenís que non se identificaron nun primeiro momento no inventario.
En canto a coníferas (piñeiro), no avance de resultados detectouse un leve aumento dun 0,1%, acadando as 445.897 ha, ; e finalmente tamén se percibe un lixeiro crecemento – 0,3% – con respecto ao ano anterior, o que se traduce en 631.012 hectáreas de frondosas, principalmente carballo.
A distribución por especies lanza un 67% de ‘pinus pinaster’, un 23% de ‘pinus radiata’ e un 6% de ‘pinus sylvestris’ nunha primeira clasificación de coníferas. O eucalipto repártese entre o 56% que acapara a especie ‘nitens’ e o 42% de ‘globulus’. En frondosas, o 44% lévallo a especie ‘quercus robur’ –carballo común– e o 9% ‘quercus pyrenqaica’, o 14% ‘betula’ –bidueiro– e o 7% ‘castanea sativa’ –castiñeiro–.
Tamén se detectaron baixo o concepto ‘Outras’ 5.252 hectáreas que obedecen a “residuos que nos quedan, isto é, transicións que non sabemos de onde veñen, pero nos vindeiros anos conseguiremos atribuilas a unha superficie e de que plantación transitan”, concretou Juan Picos, investigador da Universidade de Vigo.

Dentro destas variacións hai que ter en conta que o Inventario Forestal Continuo non rexistra certas plantacións ata que que contan con certo crecemento, polo que, unha parte da aparición de novas superficies arboradas débese ao desenvolvemento de plantacións feitas en anos anteriores. Ademáis, outros cambios residen na moratoria do eucalipto, así como nas novas incorporacións de plantacións detectadas neste ano por primeira vez desde anos anteriores.
“Empezamos a observar 2019 na área de Pontevedra, despois dos incendios do 2017, un cambio no tipo de arborado, cuestión que nos permitiu reclasificar esas superficies que nun primero momento, debido ao seu tamaño non puidemos facer”, explicaPicos.
Estimación de existencias
“Entre as posibles lecturas dadas se nós comparamos pés menores e rexenerado, cos pés maiores, permítenos observar o ritmo de incorporación de masas a cada un dos grupos. No caso dos eucaliptos é o Nítens o que rexistra unha maior incorporación, seguido do globulus, ambos incrementos focalizados entre a parte interior de Coruña, e o sur de Lugo”, explica o investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Vázquez.
O Eucaliptus Nítens é o que rexistra unha maior incorporación, seguido do Globulus, ambos incrementos focalizados entre a parte interior de Coruña, e o sur de Lugo. Así mesmo, as existencias medias máis altas de coníferas danse en torno á parte central de Galicia.
Despois, as existencias medias máis altas de eucalipto nítens danse no interior da provincias de Lugo e A Coruña. En canto ás coníferas o Pinus Radiata ten os valores de existencia medias máis altas moi concentradas na provincia de Lugo, en áreas nas que destaca a Fonsagrada, por exemplo.
Os resutados en canto avances nos traballos de estimación de existencias “son provisionais, ata o momento que teñamos a totalidade medida non podemos dar as cifras por definitivas”, aclarou Vázquez.
Ata o momento, a medición de parcelas por parte de SEAGA é dun 80,4% ata o momento sobre 1782 puntos de mostraxe, e estímase que para decembro de 2025 que estarán pechadas as medicións. Do total deses puntos, actualmente non están finalizadas as medición de 350 parcelas, concentradas no sur da provincia de Lugo e Ourense, das cales 55 resultan afectadas polos incendios.

Neste marco de caracterización de especies por superficie de estudo, xorde unha nova necesidade de información que é a capacidade produtiva das masas forestais de Galicia, que a nivel teórico calcularíase en base a capacidade de crecemento medio e ao crecemento corrente, unha cuestión difícil debido a que ese valor medio debería estimarse co momento óptimo de corta en todas as plantacións.
En canto ao Eucaliptus Globulus destacan como áreas con alta capacidade produtiva o distrito forestal de Ferrol e Terra Chá, mentres que distritos como Fisterra e o Brabanza manifestan valores menos favorables para o seu desenvolvemento. O interior de Lugo e Coruña, concretamente en torno á zona de Santiago e Terra Chá, son zonas de alta productividade en Galicia debido a que rexistran os maiores valores absolutos.
Galego






Control OJD