Segue a baixada estacional dos prezos en Ternera Gallega

A Mesa de Prezos de Amio decidiu continuar unha semana máis a tendencia á baixa dos becerros de Ternera Gallega, nesta ocasión cunha redución de 3 céntimos quilo. A demanda actual, que se atopa no seu intre máis baixo no final do inverno e inicio da primavera, coincide co intre de maior oferta do ano, o que leva provocando desde inicios de ano leves baixas semanais en Ternera Gallega. Agárdase unha recuperación de prezos e demanda de cara ó verán.

En becerros de recría, a Mesa de Prezos decidiu por unanimidade subir 5 euros os prezos das categorías boa, extra e regular dos machos pintos descalostrados e lactantes, en tanto baixan 5 euros os prezos das categorías extra e boa das hembras e machos dos demais tipos de gando de recría. En gando de abasto, os prezos continúan igual, se ben obsérvase unha tendencia á alza no vacún maior, que podería quedar reflictida nunha suba na próxima sesión, de persistir esas perspectivas.

A asistencia ó mercado de Amio foi de 2.137 reses, 67 menos que na sesión anterior. Houbo 1.609 cabezas de vacún menor, 231 de vacún mediano e 272 de vacún grande.

Táboa de prezos de Amio (29 de abril do 2015)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información