Segue á alza o prezo da manteiga e do leite en pó enteiro na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións desta terceira semana de xullo dos produtos lácteos, destacando a suba da manteiga e do leite en pó enteiro. O prezo do leite spot en Italia  mantense estable nos 0,555 euros o litro.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta terceira semana de xullo para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 654 €/100 kg, +2,1 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 238 €/100 kg, -1,7 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 383 €/100 kg, +0,6 % ,,
-Queixo cheddar: 389 € /100 kg +0,3% nas últimas catro semanas

lacteos uE 24 XULLO 3

En canto á subasta de Fonterra, a principal cooperativa neozelandesa, rematou a pasada semana cunha suba do 0,4%. Destaca en especial a suba do queixo (+6,2%) e da manteiga (+0,8%), que compensaron a baixada do prezo do leite en pó.

lacteos FONTERRA 24 XULLO 3

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información