O Consello de Administración da empresa pública Seaga acordou o nomeamento de Martín Martínez Abal como novo director-xerente da citada empresa. Nado en Ribadumia no 1977, conta cunha ampla formación no eido forestal, con titulacións en enxeñería técnica forestal, especialidade en industrias forestais, pola Universidade de Vigo; e enxeñería de montes pola Universidade de Santiago de Compostela.
Dende o 2007 ata a actualidade ocupou o posto de director técnico de Seaga, no que desempeñou funcións de dirección das operacións das áreas técnicas da empresa, con responsabilidade sobre a planificación dos recursos necesarios, preparación, execución e resultados dos encargos executados. Con anterioridade, entre os anos 2002 e 2007, foi xefe de obra na empresa pública Tragsa.
Galego









Control OJD