A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

SAT García Quintana, xestión e dixitalización tres anos despois

SAT García Quintana, xestión e dixitalización tres anos despois

A APP do programa UNIFORM-Repro permite xestionar datos dende o móbil para maior comodidade. // Foto. Uniform Agri.

A gandería SAT García Quintana, situada en Trabada, Lugo, utiliza o programa de xestión UNIFORM-Repro desde comezos de 2019. En xullo dese mesmo ano fixemos unha entrevista aos socios da explotación. Nela recoñecían estar positivamente sorprendidos polo cambio ao dixitalizar varios aspectos do día a día da granxa, como o muxido (paso de muxido en sala a muxido con robots) ou a introdución do programa de xestión UNIFORM.

Por aquel entón, aínda muxían un terzo do rabaño na antiga sala, actualmente todos os animais se muxen con robots Lely, cuxo programa T4C está 100% integrado co programa de xestión da gandaría, UNIFORM-Repro.

En xullo deste 2021 volvemos falar con Paco Oliveros, un dos socios, para que nos conte a súa experiencia tras estes tres anos. Ademais, gustaríanos amosar unha visión obxectiva do efecto de dixitalizar a explotación. A continuación, mostramos varias gráficas e táboas extraídas do programa desta explotación, que amosan a evolución e cales foron os resultados, 3 anos despois, de cambiar ao muxido con robots e de xestionar o día a día co programa UNIFORM-Repro.

A xestión diaria con UNIFORM implica unha maior facilidade para tomar decisións, porque a información diaria de saúde, produción de leite e reprodución está integrada nun só sitio. Isto inclúe o aforro de tempo a diario, porque os eventos rexístranse unha única vez, desde o computador ou desde os móbiles usando a App de UNIFORM. E por suposto, é tamén unha ferramenta moi útil para o equipo veterinario que dá servizos de reprodución e asesoramento a esta gandaría, SeriVet Asturgalaico, tamén cliente de UNIFORM-Agri (na súa versión multiexplotación).

TAMAÑO DO RABAÑO:

Nestes 3 anos mantívose estable, como é habitual en moitas granxas con muxido con robots. En 2019 había unhas 190 vacas en ordeño, hoxe en día mantense.

Porén, posto que se mellorou a xestión reprodutiva (ver máis adiante), na recría si que houbo un lixeiro aumento, por maior número de partos.

Fig 1. Evolución do tamaño do rabaño: no eixo de ordenadas (E) mídese o número de animais. No eixo de abscisas (X), o período de tempo: desde outubro 2018 até agosto 2021. En azul o número de vacas paridas (en ordeño e secas, unhas 210), en vermello a recría (152 animais hoxe en día). Actualmente hai 7 novillas por cada 10 vacas adultas.

Fig 1. Evolución do tamaño do rabaño: no eixo de ordenadas (E) mídese o número de animais. No eixo de abscisas (X), o período de tempo: desde outubro 2018 até agosto 2021. En azul o número de vacas paridas (en muxido e secas, unhas 210), en vermello a recría (152 animais hoxe en día). Actualmente hai 7 xovencas por cada 10 vacas adultas.

PRODUCIÓN DE LEITE:

Con respecto á produción en lactación finalizada, pode verse un aumento da produción nos últimos anos. Neste último ano 2021 reduciuse lixeiramente (Fig. 2, liña verde), pero se observamos a produción normalizada a 305 días, vemos unha tendencia en ascenso durante estes 3 últimos anos (Fig. 2, liña laranxa). Por agora, a produción a 305 días incrementouse en 1.000kg de leite.

Fig 2: Evolución da produción de leite: no eixo de ordenadas (E) mídese a produción total (kg leite). No eixo de abscisas (X), o período de tempo: desde outubro 2018 até agosto 2021. O gráfico mostra produción media en lactación finalizada (liña verde) e produción normalizada a 305 días (liña laranxa). Nesta figura pódese ver o impacto da implantación dos robots, na primavera de 2019. O primeiro robot instalouse a finais de 2018, pouco antes de comezar a usar UNIFORM. O segundo en 2019 e o terceiro en agosto de 2020.

REPRODUCIÓN:

Neste aspecto o efecto de comezar a utilizar un sistema de actividade e o uso do programa de xestión UNIFORM-Repro é onde máis se nota. Antes do 2019 nesta explotación traballábase só con papel. A implantación do programa permitiu facer un mellor seguimento da reprodución do rabaño, facilitando o traballo de asesoramento a veterinarios e aos socios da gandaría no seu traballo diario.

O intervalo previsto entre partos reduciuse de 406 días a 398. A media de inseminacións por preñez tamén diminuíu lixeiramente, de 2,67 a 2,34. Os días a primeiro celo antes estaban en máis de 60, actualmente está en 56. Os días a primeira inseminación mantívose constante, por baixo dos 90 días posparto.

Con respecto aos principais indicadores reprodutivos (taxa de inseminación, taxa de concepción e ritmo de preñez a 21 días), a tendencia nestes 3 anos foi ascendente. Salvando que en xuño deste ano houbo unha caída, recuperada posteriormente en xullo.

A taxa de inseminación pasou de 72,9% a 76,1%, chegando a 79% varias veces en meses anteriores. A taxa de concepción incrementouse de 26,2% en xaneiro 2019 a 35,6% en xullo 2021. O ritmo de preñez segue a mesma tendencia, evolucionando de 17,4% a inicio de 2021 a un 24,6% en xullo deste ano.

Fig. 3: Evolución da reprodución: no eixo de ordenadas (E) indícase o valor de cada taxa (%). No eixo de abscisas (X), o período de tempo: desde outubro 2018 até agosto 2021. O gráfico mostra a evolución da taxa de inseminación (rosa), taxa de concepción ou fertilidade (gris claro-marrón) e o ritmo de preñez (gris escuro).

AVALIACIÓN XERAL E SUSTENTABILIDADE:

En UNIFORM pódese avaliar a eficiencia produtiva (kg de leite producidos ao longo de toda a vida desde o primeiro parto) e a eficiencia vitalicia (kg de leite producidos desde o nacemento). Estes dous indicadores permiten avaliar a eficiencia e sustentabilidade medias do rabaño. Teñen en conta a reprodución e a saúde do rabaño, e avalían como de eficiente foi a produción de leite, tendo en conta os períodos de secado, e mesmo o investimento que se fai en preparar ás xovencas de recría para o seu primeiro parto. A evolución destes dous indicadores amósanos, dunha ollada, como de sustentable está a ser a gandaría.

En SAT García Quintana, pódese apreciar un incremento considerable no valor destes dous indicadores. A eficiencia produtiva aumentou de 17,5kg por día de vida produtiva a 24,0kg. A eficiencia vitalicia (máis indicativo da sustentabilidade, por incluír o investimento en recría), aumentou de 9,7 kg leite/día vivido a 14,9 kg/día.

Fig.4: Evolución da eficiencia e sustentabilidade: no eixo de ordenadas (E) mídese a produción por día (kg leite). No eixo de abscisas (X), o período de tempo: desde outubro 2018 até agosto 2021. As gráficas son de eficiencia produtiva (liña azul, kg de leite por día de vida desde o 1º parto) e evolución da eficiencia vitalicia (liña vermella, kg de leite por día de vida desde nacemento).

É evidente como a dixitalización axudou a mellorar a xestión nesta gandaría. Non foi a única causante das mellorías, pero si unha ferramenta clave para facilitar o traballo e a toma de decisións para ir polo mellor camiño posible para SAT García Quintana cara a unha produción de leite máis eficiente e sustentable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *