Santiago acollerá en novembro o IV Congreso de Alimentación Animal

Será do 18 ao 19 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Contará con 20 destacados relatores que expoñerán as últimas novidades en alimentación animal.

Publicidade
Data inicio: 18/11/2015
Data fin: 19/11/2015
Lugar: Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, 1, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, España

CONGRESO_ALIMENTACION_ANIMALO prazo de inscrición está aberto para o IV Congreso de Alimentación Animal, que leva por título “Sustentabilidade, sistemas de control e aplicación da normativa” e que se celebrará en Santiago de Compostela do 18 ao 19 de novembro.

A Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (AGAFAC), a Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) organizan o evento.

Vinte relatores de varios países expoñerán diversos temas, entre os que se atopan os relatorios sobre sustentabilidade, claves de  futuro do sector da alimentación animal,  pensos medicamentados, contaminación cruzada, aplicación da normativa de fabricación de pensos ou sistemas de control de seguridade alimentaria en distintas Comunidades Autónomas.

O programa completo así como as tarifas de inscrición (que contemplan un 20% de desconto para inscricións anteriores ao 15 de outubro) poden consultarse na páxina web do evento.  .

Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar coa organización no teléfono 981 174 354, no mail congresoalimentacionanimal@agafac.es.  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *