O 28 de novembro terá lugar a xornada “Decide o Consumidor ou a Intelixencia Artificial?: Turismo e Alimentación” no edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago. Organizada pola Unión de Consumidores de Galicia, o acto ten como obxectivo analizar o impacto da intelixencia artificial nas decisións dos consumidores.
O Secretario Xeral da UCGAL e Presidente de ConsumEs, Miguel López Crespo, será o encargado de inaugurar a xornada xunto ao Director Xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, que dará inicio ao evento.
No acto presentarase a guía “Etiquetaxe dos Alimentos, Cadernos de Boas Prácticas”, elaborada pola UCGAL co apoio da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que axuda a entender os elementos da etiquetaxe co fin de que os consumidores aprendan a interpretar a información dos produtos e tomar decisións informadas.
O evento contará con dúas mesas redondas. Unha moderada por Pedro Tasende, CEO de Aporta Comunicación, onde se debaterá sobre como a IA inflúe na planificación de viaxes e outra na que se abordarán casos de éxito e retos futuros co obxectivo posto na innovación e sostibilidade do sector turístico galego.
A xornada tamén incluirá outras actividades, debates e intervencións sobre o impacto da IA no consumo e as implicacións éticas destas tecnoloxías. As persoas interesadas poderán inscribirse no seguinte enlace. A entrada ao evento é gratuíta e está aberta a profesionais e público xeral.
O programa da xornada será o seguinte:
09.45. Recepción asistentes.
10.00. Benvida con Miguel López Crespo. Secretario xeral da UCGAL e Presidente de ConsumES.
10.05. Inauguración con Martín Alemparte. Director Xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
10.15. O funcionamento da IA. Bertha Guijarro. Profesora do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC.
10.45. O novo marco europeo sobre IA. Víctor Salgado. Avogado especialista en novas tecnoloxías.
11.05. Mesa Redonda: A intelixencia artificial e o turismo. Moderada por Pedro Tasende. CEO de Aporta Comunicación. Participan:
- Sara Collazo. Manager de marketing e estratexia digital. Torres y Carrera.
- Fabián Buezas. Director Comercial de Viaxes Interrías.
- Mar Rodriguez. CEO de Tee-Travel.
- Manuel Veloso. Secretario técnico do Clúster de Turismo de Galicia.
12.20. Pausa – café.
12.50. O impacto da IA. na sociedade. José María Borrego. Especialista en procesos – Telefónica de España.
13.10. A intelixencia artificial nas empresas: Proxectos de éxito.
- Alejandro Alonso. Experto en innovación. Telefónica de España.
- Adrián Dominguez. Consultor senior de optimización de procesos. Triple Alpha.
- Yago González. Director de Innovación de Plexus Tech.
13.50. Diálogos de Comsumo. A intelixencia artificial e os alimentos. Moderada por Miguel Vieito Villar. Avogado especialista en novas tecnoloxías. Participan:
- Rafael Urrialde. Profesor do Departamento de Xenética. UCM.
- Joan Miró. Cofundador e GM de KRAZ. Socio fundador de “Insights & Analytics”.
14.15. Clausura. Xosé Manuel Merelles. Director da Axencia de Turismo de Galicia.
14.30. Comida de traballo.