Sake á galega, con soro lácteo

A partir da reutilización de soros lácticos e outros subprodutos, Galacteum colaborou con Asuque para elaborar unha particular versión do licor xaponés, ademais dun vinagre e bebidas fermentadas non alcohólicas de base acética.

Sake á galega, con soro lácteo

A firma do sector lácteo aposta pola innovación en produtos culinarios con subprodutos do sector

Galacteum, industria liderada pola cooperativa Aira, apostou pola innovación a través dunha colaboración con Asuque, unha firma á que mentorizou no marco da iniciativa Business For Food, do Cluster Alimentario de Galicia. O equipo de I+D+i de Aira colaborou con Asuque, un proxecto no que participan a queixería artesanal Bisqato, o horto ecolóxico El Calabacín Rojo e o veterinario Diego Fariñas. Dentro dos resultados desta colaboración, atópase unha versión innovadora do tradicional sake xaponés que xa está usando ‘Culler de Pau’, único restaurante de Galicia con dúas estrelas Michelín.

Esta é unha das propostas de presentación culinaria co sake Asuque.

Esta é unha das propostas de presentación culinaria co sake Asuque.

Na elaboración deste novo licor emprégase un subproduto da industria láctea como o soro. O director de I+D+i de Galacteum, Ángel Pereira, fai referencia a que “esta iniciativa supón unha vía de valorización a pequena escala, dun produto que existe a gran escala”. A parte desta versión do sake existen outras dúas variantes culinarias: un vinagre e bebidas fermentadas non alcólicas de base acética combinables con froitas e verduras para adoptar diferentes sabores.

Esta alianza entre Galacteum e Asuque ten a implicación do chef Javier Olleros, quen aporta unha conexión destes produtos na alta cociña. Ao respecto, o cociñeiro asegura que “son moi necesarias as colaboracións entre varias disciplinas para poder darlle utilidade aos produtos que dependen de moitos actores. Hai que rodearse con especialistas de cada campo. A innovación é fundamental”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información