Sae a concurso público o aproveitamento do polígono agroforestal de Oímbra

O proxecto abrangue 21,76 hectáreas e permitirá o uso de cultivos leñosos, como actividade principal e, como secundaria, cultivos agrarios de ciclo curto e gandaría en extensivo

Publicidade
Publicidade
Sae a concurso público o aproveitamento do polígono agroforestal de Oímbra

Visita institucional ó polígono de Oimbra. / Imaxe de arquivo.

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución que aproba o polígono agroforestal de Oímbra, situado na provincia de Ourense. O polígono, creado ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, ocupa 21,76 hectáreas distribuídas en 64 parcelas de 115 propietarios.

As actividades principais do polígono serán os cultivos leñosos, así como outros cultivos agrícolas de ciclo curto e gandaría en extensivo. A resolución tamén detalla os pregos de condicións para participar no procedemento de concorrencia.

As persoas interesadas deberán cumprir requisitos de solvencia económica, técnica e profesional, así como constituír garantías para asegurar o mantemento das propostas presentadas. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica da Xunta durante un período de 15 días hábiles, que rematará o 26 de novembro.

Este proxecto forma parte da Lei de recuperación da terra agraria impulsada pola Xunta a través de diferentes instrumentos, como as aldeas modelo, as agrupacións forestais, as permutas de especial interese agrario e as reestruturacións e concentracións parcelarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información