‘Sabemos o que comemos?’, campaña contra a ‘etiquetaxe trampa’

A Organización de Consumidores y Usuarios (OCU) advirte da necesidade de mellorar a información. Sostén que case un 30% de persoas ten mercado nalgunha ocasión un produto errado por mor do etiquetado

Mercar unha cousa pensando que é outra ou descoñecer a súa orixe ou composición son algúns problemas comúns nos supermercados, segundo a Organización de Consumidores y Usuarios (OCU), que vén de lanzar a campaña ‘Sabemos o que comemos?’, coa que trata de concienciar a empresas e Administración sobre a necesidade dunha mellora da etiquetaxe dos produtos agroalimentarios.

No marco da campaña, a OCU solicítalle ós consumidores a denuncia pública a través da rede social twitter de todos aquelas etiquetados confusos ou errados que detecten, para o que se pode usar o hashtag #etiquetastrampa. A propia OCU e algúns usuarios de twitter xa comezaron a difundir algúns dos packagings nos que se atoparon problemas, como os que recopilamos a continuación.

O novo reglamento europeo de etiquetado dos alimentos, en vigor desde decembro, non eliminou os problemas, segundo a OCU, que advirte de que un estudio seu revela que os consumidores seguen a ter dificultades en cuestións como ler as etiquetas, identificar a denominación real do alimento, recoñecer os ingredientes dun produto ou saber cal é o seu país de orixe. Case un 30% dos consumidores mercou algunha vez un produto por erro, segundo a OCU.

A organización pide que a etiquetaxe sexa clara, de xeito que os consumidores saiban en todo momento o que están mercando, para o que pide que a denominación do alimento estea sempre ben visible e que non se destaquen ingredientes que non son os principais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información