A Ruta do Viño do Ribeiro celebra unha ano máis Xornada de Portas Abertas nas Rutas dos viños de Galicia, e xa van XI, cun programa repleto de propostas enoturísticas para todos os públicos, e como en anos anteriores o ViñoBus da Ruta do Viño do Ribeiro facilitará a participación do público procedente de diferentes puntos de Galicia.
Segundo Juan M. Casares, presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, “esta actividade, que é xa un clásico no calendario promocional da Ruta do Viño, supón o inicio do maior investimento en promoción da historia da Ruta do Viño do Ribeiro co gallo de facer do Ribeiro un destino turístico de calidade e desestacionalizado.”
As xornadas celebraranse nos días 13 ao 15 de maio durante os cales o público visitante poderá participar nas actividades que habitualmente se programan como :
Visitar as adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro e degustar os seus viños: ás 11:30, ás 12:30 e ás 17:00 horas, do sábado 14 e ás 12:00 horas do domingo 15 de maio.
Gozar de experiencias enogastronómicas cos menús especiais que ofrecen os restaurantes.
Descansar entre viñedos, xa que os aloxamentos participantes ofrecen prezos especiais nas súas estadías
Ademais, a organización das XI Xornadas de Portas abertas quere repetir a experiencia co ViñoBus xa que este recurso facilita e promove a participación de público de diferentes puntos de Galicia. Sairán autobuses dende Vigo, Ourense, Santiago de Compostela, Pontevedra e A Coruña que percorrerán, acompañados de guías turísticas profesionais, as diferentes adegas que participan na xornada.
Nesta edición dáse especial importancia á promoción do patrimonio histórico un recurso moi ligado á cultura do viño e a súa importancia neste territorio. Por esta razón, as rutas do viño bus inclúen visitas teatralizadas de lugares tan relevantes como, Pazos de Arenteiro, ou ao casco histórico de Ribadavia.
Centrado na promoción do patrimonio vitícola da vila de Ribadavia está a primeira actividade que dará comezo á celebración desta edición da xornada, o venres 13 de maio ás 19 horas sairá da porta principal do Castelo de Ribadavia o Roteiro Ribadavia e o Viño que ofrecerá unha visita guiada polas principais rúas da vila, destacando os recursos patrimoniais da cultura o viño.
Programa:
O sábado 14 de maio: as rutas dos ViñoBus rematarán en Ribadavia onde a partir das 19 30h, poderán disfrutar da gastronomía que nos ofrecen os restaurantes socios da Ruta do Viño do Ribeiro, no Sábado de Tapeo con sabor a Ribeiro, que terá lugar no Na Igrexa da Madalena de Ribadavia e a entrada ten un custe de 8 euros. Caldaria, Gastro Bar O Birran, , Nautico Castrelo de Miño, e Sábrego Restaurante ofrecerán pinchos elaborados exclusivamente para esta xornada que serán acompañados de viños das adegas da D.O. Ribeiro socios da Ruta.
O domingo 15 de maio: A Ruta do Viño do Ribeiro e o Concello de Ribadavia, organizan a Andaina O Camiño do Viño. Ribadavia- Compostela// Etapa 1. Esta actividade está centrada na identificación desta Ruta como o Camiño do Viño, co obxecto de por en valor a relevancia histórica do Ribeiro na cultura do viño de Galicia e a súa vinculación coa cidade de Santiago de Compostela. Este roteiro sairá da Oficina de Turismo de Ribadavia ás 10:00 para pasar por Santo André de Camporredondo, Esposende ou Pazos Hermos, incluíndo teatralización de escenas do camiño dos Arrieiros.
Tamén os socios da Ruta do Viño do Ribeiro programan actividades a nivel individual para promover a particicpación do público, así Adegas Celme ofrecen unha cata vertical Celme e queixo, que inclúe, visita a adega con cata e degustación de queixos galegos, unha cata maridaxe con Celme tostado, e un taller para coñecer a elaboración do vermú artesanal desta adega situada en Castrelo de Miño, en todas as actividades é necesario reserva previa.
Adega Cuñas Davia ofrece o venres, sábado e domingo unha Masterclass de coctelería cargo do chef Judicael Romero. Tamén Viña Costeira en Pazo de Toubes danos a oportunidade de disfrutar dun picnic entre viñedos que combina a visita ao pazo do S. XVIII coa degustación de produtos gastronómicos de tempada.
Por último, lembrar que están abertos no seu horario habitual o Museo do Viño de Galicia e o Museo etnolóxico de Ribadavia que tamén se unen a esta celebración.
Para todas as actividades e visitas ás adegas é necesaria a reserva previa. Toda a información sobre inscrición e reservas pódese atopar en www.rutadelvinoribeiro.com