Durante as fins de semana de maio e xuño celébrase nos cinco grandes territorios vitivinícolas galegos a Primavera de Portas Abertas. No caso da Ruta do Viño da Ribeira Sacra, as actividades terán lugar entre o 29 e o 31 de maio de 2026. Como é habitual, haberá visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes: Adega Vella, Bodega Proencia, Bodega Ribada, Cachín, Casa Moreiras, Condado de Sequeiras, Ponte da Boga, Rectoral de Amandi, Ronsel do Sil, Vía Romana e Val de Quiroga. Ao finalizar as visitas ofreceranse degustacións de viños.
O sábado 30 de maio haberá un servizo de autobús con guía especializado na Ribeira Sacra para realizar visitas ás adegas, museos e outros lugares de interese. As saídas serán desde: A Coruña , Vigo e Santiago de Compostela. O domingo 31 de maio haberá saídas desde Lugo e Ourense
Actividades enoturísticas e culturais
A Ruta do Viño da Ribeira Sacra ofrece un amplo programa de actividades para coñecer a paisaxe, as adegas e o patrimonio da Ribeira Sacra:
O Espertar das Cepas
Venres 29 de maio, ás 19:00 h. Paseo por unha finca de albariño nun dos momentos máis emocionantes do ano: o espertar da viña. Unha experiencia para camiñar amodo, escoitar a terra e entender como comeza a viaxe do viño. Observaranse as xemas, os primeiros brotes e os sinais que anuncian unha nova colleita. Lugar: A Cova (Adegas Moure, O Saviñao).
Circular de Proendos: Patrimonio e Viño
Sábado 30 de maio, ás 10:00 h. Ruta guiada circular de aproximadamente 3 km e baixa dificultade polos arredores de Proendos, combinando natureza, arqueoloxía e historia: petróglifos prehistóricos, gravados rupestres, a igrexa parroquial de Santa María de Proendos, un xacemento de vila romana e un hórreo romano. A ruta remata cunha cata en Bodega Proencia. Lugar de saída: Oficina de Turismo de Sober (Praza do Concello).
Navegando entre Vides
Sábado 30 de maio, ás 11:00 h. Ruta en barca con guía polo río Miño, entre viñedos e bosques de carballos centenarios, rematando na adega de Finca Míllara con degustación de viños. Punto de saída: O Pincelo (Chantada).
Brindando coa Historia en Monforte de Lemos
Sábado 30 de maio, ás 16:30 h. Visita guiada e teatralizada pola cidade de Monforte de Lemos, percorrendo os seus principais emprazamentos históricos e culturais con tres personaxes que darán vida ao paseo. A visita remata cunha degustación de viños no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Saída desde a Torre da Homenaxe.
Solpor Sonoro (Concerto ao atardecer)
Sábado 30 de maio, ás 19:30 h. Concerto de música e cata de viños ao ritmo do solpor no embarcadoiro de Os Chancís, no concello de Sober. Durante o concerto ofrecerase degustación de viños da D.O. Ribeira Sacra presentados por un sumiller, creando unha maridaxe onde as notas aromáticas se entrelazan coas notas musicais, nun contorno único á beira do río Sil.
Cerámica e Viño
Domingo 31 de maio, ás 10:00 h. Obradoiro de cerámica no que os participantes crearán coas súas propias mans diferentes pezas, aprendendo técnicas básicas para modelar arxila con cores e esmaltes aptos para uso alimentario. A actividade remata cunha visita a unha adega e degustación de viños. Centro Social de Doade.
Ruta do Románico do Saviñao
Domingo 31 de maio, ás 16:30 h. Visita guiada polos principais referentes da arte románica do concello do Saviñao, desde a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño ata a parroquia de Diomondi, o antigo Pazo e a igrexa de Santa María de Seteventos, con interesantes pinturas murais do século XV no seu interior. A xornada remata cun brinde e degustación de viños no Miradoiro do Cabo do Mundo. Saída desde a Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao).
Espacios culturais e museos
Durante os tres días da Primavera de Portas Abertas —do venres 29 ao domingo 31 de maio— tamén se poderán visitar o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra (prezo: 2,5 €, con degustación de viño incluída), o Ecomuseo de Arxeriz (de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h., desde 3,50 €), o Museo Etnográfico de Quiroga (1 €, con reserva previa) e o Museo do Viño da Ribeira Sacra. Ademais, a empresa Enoturismo Galicia ofrecerá rutas guiadas en Segway pola Ribeira Sacra o venres 29 (de 16:00 a 18:00 h.) e o sábado 30 (de 11:00 a 16:00 h.) por 33 €. Quinta Sacra ofrecerá paseos en barca entre viñedos e bosques por 40 € (grupos de 8 a 15 persoas, previa consulta).
Inscrición e máis informacióm
Para participar nas actividades da Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra é necesaria inscrición previa a través da web oficial:
promocion.rutadelvinoribeirasacra.org
As prazas son limitadas e é necesaria unha inscrición por persoa.
Galego









Control OJD