A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

RuralSell, a tenda online dos produtos galegos

RURAL SELL IMAXERuralSell nace en 2021 co firme obxectivo de converterse no primeiro Marketplace Galego que aglutina comercios de proximidade e produtores, cunha clara vocación Nacional e Internacional pronto se sitúa no mercado como un referente en modelo de negocio e en calidade de servizo. Grazas a dita traxectoria e polo seu talante de integración social faille pasar á fase final dos prestixiosos premios CEPYME, acto que terá lugar en Madrid a finais de xaneiro e que en edicións anteriores contou coa presenza da súa Maxestade o Rei de España e o Presidente do Goberno de España.

O grupo empresarial que conforma RuralSell está composto por empresas das distintas Provincias de Galicia. Dentro do seu Staff intégranse Sociólogos, Expertos en Mercadotecnia, Avogados, Vendas e Integración Social entre outros. Actualmente conta con Sedes en Galicia e Madrid.

O Marketplace RuralSell nútrese de forma íntegra por capital privado, non estando subvencionado de modo algún, o cal é fiel reflexo do proxecto empresarial adecuado que o vertebra. Durante o ano 2021 elabora proxecto con investimento propio e de empresas adheridas ao plan Next Generation pola súa clara tendencia a modernizar as contornas e xerar valor nas empresas radicadas nestes, moitas das súas empresas adheridas fixeron un esforzo en dixitalización para poder adaptarse aos novos tempos e aos modelos de negocio dixitais. Entre as melloras ás devanditas empresas atópanse a mellora ou creación de plataformas de venda online, mercadotecnia, estudo de competitividade, SEO ou Redes Sociais.

Grazas a esta plataforma calquera cliente pode comprar online en diferentes empresas ou comercios galegos presentes na web elixindo por produtos ou entrando directamente ao propio comercio que se atope na plataforma. Os clientes teñen á súa disposición unha ampla variedade de produtos de diferentes tendas ou empresas incluídos nunha única plataforma. Na actualidade, ofrécese venda directa de produtos e tamén poxas.

E como falar de RuralSell é falar das súas empresas, contamos algunha historia delas:

ORIXE DA RÍA SL, unha empresa de peixe e marisco radicada en Marín (Pontevedra) e formada por xente nova con clara vocación dixital. Na actualidade son líderes tanto en frescos como en conxelados. A súa maior eficacia atópase no coidado con todo o proceso de envío e manipulado que segue uns rigorosos controis.

RURAL SELL LICOR CAFELICORES CASA MEJUTO, empresa familiar que desde o ano 1.954 elabora de forma artesanal os mellores e licores de Galicia. Desde as súas instalacións en Melide (A Coruña) saen a diario os mellores licores da nosa comunidade a todas partes do mundo.

EBOS, fundada no ano 1970 por Ramón Miguélez en Agolada (Pontevedra) xa foi un referente na súa época, xa na actualidade a súa filla Susana Miguélez toma as rendas dándolle a súa perspectiva nada da súa experiencia á fronte de firmas como Roberto Verino, modernizando a firma e converténdoa nun referente en Roupa Laboral e venda por xunto de produtos téxtiles. Na actualidade, está na súa fase de conversión e ampliando a súa estrutura.

Outras como Lácteos Conchy, Casa Terrón, GuitiSport, Prelo, Traloagro, Can de Papel, Chano Prieto, Agroalimentaria Abelleira, Carabuñas, Morriña, Casa Zolle, Embutidos Ferreiro, Castro Serantes, A Sucursal, Artes, Caprichos, Alma do Val, O almacén do Colchón ofrecen os seus produtos de alta calidade, son só algunhas das empresas que forman parte de RuralSell, moitas de nova creación e outras tantas cunha longa traxectoria no seu sector. No Marketplace pódese comprar Marisco, Carne, Lácteos, Ecolóxicos, Licores, Artesanía, Téxtil, Fogar, Tecnoloxía, Motor, Lecer, Electrodomésticos e moito máis—-

Calquera empresa, comercio ou profesional pode adherirse a RuralSell, sempre que a súa actividade se asente en territorio Rural ou Rururbano e que a súa sede radique en Galicia. A plataforma non cobra comisións de venda, se unha cota anual en función do volume de vendas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *