A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

RUMI PRO: o dispositivo intelixente que incorpora Valado Virtual para transformar a xestión gandeira

Innogando presenta unha nova versión actualizada dos seus colares de monitorización e xeolocalización do gando con novas funcións para optimizar a xestión do rabaño e o manexo do pasto de xeito máis eficiente

VACAS RUMI COLLAR INNOGANDO 1

Innogando, empresa agrotech líder no desenvolvemento de tecnoloxía para a monitorización e localización do gando, anuncia o lanzamento de RUMI PRO, a evolución do seu dispositivo estrela RUMI.

Esta nova versión, dispoñible a partir do verán de 2026, integra a innovadora funcionalidade de Valado Virtual, ofrecendo nun único dispositivo toda a potencia da monitorización animal avanzada e a dixitalización da explotación.

Innogando abre o prazo de reserva dos seus novos dispositivos, que estarán dispoñibles no mercado no verán de 2026

“Con RUMI PRO damos un paso máis na dixitalización do sector gandeiro, ofrecendo un dispositivo único que combina monitorización avanzada con ferramentas de Valado Virtual, para unha xestión máis eficiente, sostible e rendible da explotación”, afirma Elio López, veterinario e CEO de Innogando.

Unha solución integral para o gandeiro

Rumi aplicacion mobil

RUMI PRO mantén todas as funcionalidades do RUMI orixinal, como detección de celos e partos, monitorización temperá de enfermidades, localización e control de movementos en tempo real, ás que se suma a tecnoloxía de Valado Virtual, que permite delimitar áreas de pastoreo sen necesidade de peches ou infraestruturas físicas, optimizando deste xeito o uso dos recursos, reducindo custos e mellorando o benestar animal.

A suma de todas estas funcionalidades converten a RUMI no dispositivo máis completo do mercado e no que confían xa neste momento máis de 1.000 gandeiros, que suman 30.000 animais monitorizados.

A diferenza doutras solucións que existen no mercado, o dispositivo de Innogando é lixeiro e ergonómico

O dispositivo é lixeiro, non require substitución da batería, debido á súa autocarga automática mediante unha pequena placa solar incorporada e colócase na parte superior do animal, mantendo a cobertura e a facilidade de uso que caracteriza os produtos de Innogando.

Maximizar a produción e calidade do pasto

VACAS RUMI COLLAR INNOGANDO 2

O Valado Virtual permite perimetrar de forma cómoda e sinxela zonas concretas da parcela, o que facilita a implantación de sistemas de pastoreo rotacional que maximizan a produción e calidade do pasto, mellorando a eficiencia e rendibilidade das explotacións en extensivo.

O novo software intégrase na mesma aplicación móbil, que destaca por ser doada e intuitiva de manexar

Esta nova función contrólase desde a mesma aplicación móbil fácil e intuitiva que caracteriza o sistema desenvolvido por Innogando e coa que moitos gandeiros xa están familiarizados, de xeito que a xestión do rabaño e a delimitación das áreas de pastoreo será posible cun clic desde calquera lugar e en todo momento.

Oferta de lanzamento

Innogando lanza o seu novo dispositivo cunha oferta especial con importantes vantaxes e un considerable aforro económico. Así, os gandeiros xa poden reservar RUMI PRO con condicións exclusivas:
• Prezo de lanzamento: 180 € por dispositivo, un 50% menos que o seu prezo no mercado unha vez estea dispoñible.
• Desconto adicional de 40 € por dispositivo para os usuarios que entreguen os seus RUMI actuais.
• Mantemento por 3,20 €/mes, que inclúe garantía e servizo completo mentres esta activo.

Existen importantes axudas en comunidades como Estremadura, Cantabria, País Vasco ou Castela-A Mancha para a adquisición destes dispositivos

Existen ademais nestes momentos oportunidades de financiamento importantes para a adquisición dos novos dispositivos, xa que actualmente están abertas convocatorias de axudas en comunidades como Estremadura, Castela-A Mancha, Cantabria ou o País Vasco, entre outras, que facilitan a adopción de solucións dixitais e sostenibles en gandería, o que converte a RUMI PRO nunha opción aínda máis accesible.

RESERVA XA O TEU DISPOSITIVO !!!

Chámanos ao 982 89 20 08
Escríbenos a hola@innogando.com
Infórmate en www.innogando.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *