Roubos a viticultores e adegueiros da DO Monterrei

Publicidade
Roubos a viticultores e adegueiros da DO Monterrei

Os roubos incluíron enxertos para a viña. / Arquivo.

Os viticultores e adegueiros da DO Monterrei están sufrindo nas últimas semanas unha sucesión de roubos, segundo os datos que foi recabando o Consello Regulador da denominación de orixe. Entre o material sustraído atópanse apeiros de labranza, baterías de maquinaria agrícola ou inxertos de viñedo.

Os roubos, que se produciron a distintas horas do día, ocasionaron un prexuízo económico para os afectados, así como retrasos nos traballos do viñedo. Desde o Consello Regulador, a súa presidenta, Lara Da Silva, manifesta o malestar polos roubos e solicita unha intensificación da labor das forzas e corpos de seguridade do Estado. O organismo tamén anima a todos os afectados a denunciar, co obxecto de que se coñeza a verdadeira dimensión do problema e para facilitar os traballos de investigación e localización dos culpables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información