O sábado 27 de maio celebrarase no concello lucense de Muras a sétima edición da Romaxe Artesá da Chaira, un celebración que conxuga mostra de artesanía, gastronomía, mostra de oficios e xogos tradicionais ou actuacións musicais, entre outras.
Velaquí o programa:
-11.00 horas, apertura da Feira
-11.30 Charla a cargo de Elena Ferro e que leva por título “Dignificar un oficio”.
-13.00 Actuacións musicais co primeiro concerto do grupo “Uxía Lambona e a banda molona”.
-14.00 Actuación de Louband cunha actuación itinerante.
-16.00 horas. Obradoiro sobre iniciación a cestería, dirixido a adultos, e impartido por Bea Valín.
-16.30 Obradoiro sobre creación de pezas cerámicas con engobes e elementos naturais a cargo de Imavi. Neste poderán participar seis persoas cada media hora ata un máximo de 18 e está destinado a todos os públicos.
-17.30 horas. Espectáculo familiar Circando da man de Artefeito Produccións.
-18.45 Obradoiro a cargo de Lupe Blanco e que leva por título “Os segredos da Regueifa” e poderán participar un máximo de 50 persoas de todas as idades.
-20.00 Actuación musical do grupo Caamaño&Ameixeiras
-21.25 Actuación do grupo Luar na Lubre.
Ao longo de todo o día haberá xogos tradicionais a cargo de Xotramu e Lab on Wheels Fotografía Clásica.