Rodeiro enxalza os días 24 e 25 de maio a súa produción agrogandeira

FEIRA VACA RUBIA RODEIRO 2025

O concello pontevedrés de Rodeiro acolle esta fin de semana a segunda edición do encontro Sabor Labrego. Trátase dun evento que ten como principais protagonistas as vacas rubias e outras razas cárnicas e as de produción leiteira. Pero tamén haberá presenza doutros produtos con proxectos xa asentados no municipio e que sacan ao mercado castañas, cogomelos, mel ou horta e forestal.  

Como actividade previa, estase a celebrar nas fins de semana de maio un concurso de minihamburguesas que se serven nos locais de hostalería da vila. A única condición é que se empregue carne de Ternera Gallega Suprema (TGS), de vaca adulta ou de boi. Quérse así poñer en valor tanto o traballo dos criadores de gando cárnico como dos hostaleiros locais.

Xa na primeira xornga do Sabor Labrego, o sábado 24 a partir das 20:00 horas comeza a xornada de cata e maridaxe de queixos, TGS e viños da contorna. A velada complétase coa actuación do grupo de música Carapaus, que interpretará para os asistentes pezas de música tradicional galega.

O groso do Sabor Labrego será o domingo 25 de maio. A partir das 12:00 horas, coa apertura da carpa, xa se recibirán os primeiros visitantes. O día comezará cunha exposición de produtos alimentarios das comarcas do Deza e de Chantada. A mostra ten o obxectivo de dar a coñecer os produtos que se elaboran en toda esa zona de Galicia e tamén que haxa un importante movemento económico ou que se establezan contactos entre produtores e entre estes e outros axentes do sector. Incluso non se desbota que deste encontro xurdan proxectos de emprendemento rural.

No que vai de ano, a Asociación Gandeira Rubia Galega do País (AGRGP) leva desenvolvidas diferentes actuacións para destacar a liña diferenciadora dos exemplares do Deza. Nesta edición do Sabor Labrego a AGRGP tamén participa explicando os criterios de selección dos animais que participan na mostra-exposición de gando rubio. Está programada tamén unha e A xornada matutina complétase coa lectura do pregón e a entrega de galardóns e recoñecementos as ganderías participantes.

Xa a partir das 14,30 dará comezo a Festa do Chuletón, polos restaurantes do concello. Son pezas certificadas de TGS e cun peso mínimo de 700 gramos cada unha. A edición deste ano remata coa actuación da Orquesta Panorama a partir das 18,30. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información