
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou xunto ao alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, e a membros da Asociación de Ferreiros na presentación da edición dese ano
Riotorto celebra este domingo 19 de abril a súa Feira da Artesanía do Ferro, que chega á súa décimo sétima edición cun completo programa de actividades que inclúe demostracións artesás, música, espectáculos e propostas para todas as idades nunha cita serve para divulgar os oficios tradicionais da forxa e dinamizar a vida económica, social e cultural do municipio.
A VII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o domingo durante todo o día, está organizada polo Concello e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros da localidade coa colaboración da Xunta de Galicia a través das marcas Artesanía de Galicia e Galicia Calidade.
A cita pretende poñer en valor os produtos artesanais, potenciar os oficios tradicionais e fomentar a remuda xeracional. A feira contará con oito artesáns que realizarán demostracións en vivo do traballo da forxa. Estas demostracións permitirán ao público descubrir o proceso tradicional de traballo do ferro, desde que é quentado na forxa ata que se lle dá forma co martelo.
Nas demostracións en vivo participarán ferreiros de Riotorto, A Fonsagrada, O Corgo, Santiago de Compostela, Culleredo, Navarra e Austria
Tamén haberá espazo para amosar outros oficios tradicionais, como pirogravado, cristal tallado, cerámica ou cestería; así como postos de venda de artesanía e produtos do campo. As actividades desenvolveranse nunha carpa cuberta a partir das 11:00 horas.
Ás 12:15 horas pronunciará o pregón o actor Luis Iglesia, natural do municipio, e media hora despois comenzará un obradoiro infantil a cargo do ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidl. Xa pola tarde, ás 19:00 horas, o Mago Lolo protagonizará un espectáculo infantil no atrio da igrexa.
A cita pretende poñer en valor os produtos artesanais, potenciar os oficios tradicionais e fomentar a remuda xeracional
A singularidade desta feira, única en Galicia, contribúe a divulgar entre a sociedade o oficio tradicional do ferro, tan vinculado a Riotorto e á zona oriental da provincia de Lugo. A cita pretende poñer en valor un oficio que se está perdendo pero que constitúe un recurso único que Riotorto quere aproveitar para o desenvolvemento turístico e para que a profesión perviva.



A longa tradición dos ferreiros de Riotorto segue viva

Foto dos ferreiros de Riotorto nunha edición anterior da Feira
O oficio de ferreiro mantense vivo en Riotorto coma o lume das forxas necesario para facer os coitelos, navallas ou fouciños que aínda saen da localidade. O Concello de Riotorto busca abrir novos usos e horizontes que permitan a pervivencia dunha tradición que ademais dun do sinais de identidade do municipio constitúe un dos seus principais reclamos e valores turísticos.
A Feira da Artesanía do Ferro xurde no ano 2007 como unha iniciativa da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto. O obxectivo desta asociación é darlle pulo e recoñecemento ao oficio do ferro en Riotorto, xa que a vila conta cunha longa tradición de familias de ferreiros.
Existen referencias históricas aos ferreiros de Riotorto xa no século XVI
A primera referencia histórica ao traballo dos ferreiros en Riotorto atopámola na documentación medieval do século XVI do mosteiro de Vilanova de Lourenzá. La tradición dos ferreiros de Riotorto parece provir de Euskadi. Aínda hoxe son moitos os apellidos vascos presentes en familias da localidade, como Chavarría, Legaspi, Lombardero ou Recalde e moitas os vocablos e palabras vinculadas ao oficio procedentes do euskera como aroza, aldabarra, arragua ou bandarria.
Buscando novos camiños para a profesión
En Riotorto chegáronse a facer 15.000 fouciños por tempada e na localidade chegaron a traballar 30 ferreiros. Hoxe son aínda media ducia os ferreiros en activo en Riotorto, e hai outro bo número deles que, xa xubilados, seguen a transmitir o oficio. Todos eles son herdeiros dunha tradición milenaria e sobre eles tamén recae actualmente a responsabilidade de evitar que o oficio desapareza transmitinto eses coñecementos e o valor etnográfico e patrimonial que encerra a profesión ás novas xeracións.
O Concello busca abrir novos horizontes que permitan a pervivencia dunha tradición que é sinal de identidade do municipio
Na maioría dos casos o de ferreiro tratábase dun oficio herdado. Como lle pasa a José Mario Cabo (Jomaca), terceira xeración de ferreiros, a Manuel Alonso Fojaca (MAF) ou a Óscar Villada, unha das últimas incorporacións de xente ao sector, que decidiu continuar co oficio do seu avó e que aos seus 36 anos é o ferreiro máis novo da provincia de Lugo.
Os tres aplicaron ao traballo de ferreiro a innovación necesaria para permitir a supervivencia deste oficio nos tempos de hoxe, mais sen perder a súa esencia tradicional, que é o principal valor a explotar. Mais todos souberon nos últimos anos buscar outras aplicacións ao ferro e abrir novos camiños centrados na artesanía e a forxa decorativa para esta profesión que actualmente se atopa en perigro de extinción na súa vertente de facer unicamente ferramentas agrarias.
Galego





Control OJD