Ribeira Sacra xa leva vendimados 2 millóns de quilos de uva

Publicidade
Ribeira Sacra xa leva vendimados 2 millóns de quilos de uva

O pasado 29 de agosto comezaba a vendima en Ribeira Sacra, sendo o 15 de setembro a data oficial recomendada polo Consello Regulador para o inicio da mesma. Despois dun fin de semana de intensa actividade nos viñedos e adegas de Ribeira Sacra, levan vendimados máis de 2 millóns de quilos de uva.

As previsións do Consello Regulador é chegar este ano a 6 millóns de quilos de uva, un millón máis que en 2014.

A 20 de setembro os datos oficiais de recollida de uva son os seguintes:

Total de kgs. recollidos na campaña 2015-2016: 2.158.413 KGS.

Por variedades:

Variedades tintas:
Mencía: 1.668.213 kgs.
Brancellao: 15.931 kgs.
Merenzao: 11.973 kgs.
Caiño: 5.078 kgs.
Garnacha: 101.369 kgs.
Mouratón: 3.322 kgs.
Tempranillo: 46.751 kgs

Variedades brancas:
Albariño: 48.495 kgs.
Doa Branca: 5.827 kgs.
Godello: 214.451 kgs.
Loureira: 839 kgs.
Torrontés: 3.125 kgs.
Treixadura: 31.577 kgs.

Das 95 adegas que poden elaborar viño ao amparo da Denominación de Orixe esta campaña, 60 adegas están a realizar tarefas de vendima e 14 adegas xa finalizaron a vendima. A uva está a entrar nas adegas nun estado sanitario bo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información