Rías Baixas mostra os seus viños en Fukuoka, Xapón

As vendas da denominación ao país nipón multiplicáronse por catro nos últimos dez anos

Publicidade
Rías Baixas mostra os seus viños en Fukuoka, Xapón

Seminario de Rías Baixas en Fukuoka

Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas viaxaron ata Xapón para protagonizar un seminario dirixido a destacados profesionais do sector. O secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro, foi o encargado de realizar a presentación aos prescriptoresxaponeses sobre as principais características diferenciadoras dosAlbariños Rías Baixas e das diferentes subzonas onde se elaboran.

A sesión, á que acudiron representantes de importantes restaurantes nipóns, estendeuse durante unha hora. Tras as explicacións sobre a terra, o proceso de elaboración e as esixencias de calidade que marca o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para os viños, os asistentes tiveron a oportunidade de catar un total de 13 marcas.

A xornada promocional continuou no Hotel New Otani Fukuoka. Neste lugar, a Denominación de Orixe Rías Baixas protagonizou unha cea maridaxe con diferentes pratos tradicionais xaponeses. Nela, mostrouse a versatilidade dos viños amparados coa cociña deste país a través de oito marcas. Así mesmo, os preto de vinte asistentes tamén puideron degustar outros viños amparados.

A esta cita acudiron compradores de grandes almacéns, distribuidores de viños e xornalistas especializados. Non faltou o apoio dos membros honorarios do consulado español en Fukuoka,Hirosada Oyamada e Takamichi Okuno a esta promoción.

Mercado en alza

A xornada desenvolvida hoxe en Fukuoka inclúese dentro do Plan Xapón que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas de leva a cabo no devandito país e no que conta coa colaboración da Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Tokyo. O principal obxectivo desta é afianzar e estender a presenza dos viños neste país.

Non en van, a exportación de viños Rías Baixas a Xapón incrementouse considerablemente na última década. De feito, as cifras de litros vendidos no país nipón cuadriplicáronse dende 2004. Mentres que neste ano se rexistrou a venda de 23.227,50 litros, en 2014 esta cantidade ascendeu ata os 94.642,50.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información