Rías Baixas finaliza a vendima con 32 millóns de quilos de uva, un 32% máis

Segundo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, os 22 millóns de litros que se estiman elaborar permitirán manter os niveis de comercialización

Publicidade
Rías Baixas finaliza a vendima con 32 millóns de quilos de uva, un 32% máis

Vendima nas Rías Baixas

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas deu onte por finalizada a vendima cumprindo as súas expectativas en canto a calidade e cantidade, cun total de 31.917.611 quilos uva vendimada, un 32% máis que o ano pasado.

Desta forma, a vendima 2015 pasa a ser a terceira máis abundante da súa historia ata o momento, o pasado 3 de outubro cun rendemento medio de 7.820 kg por hectárea. Para o director técnico da D.O. Rías Baixas, Agustín Lago, “cumpríronse as nosas previsións en canto á cantidade prevista polo Órgano de Control e Certificación, así como á calidade da uva, que consideramos moi boa en base aos parámetros fundamentais de grao, máis elevado que a pasada campaña, e acidez, máis compensada”.

Unha previsión de 22 millóns de litros de viño

Os case 32 millóns de quilos de uva recollidos nesta campaña transformaranse nuns 22 millóns de litros de viño de moi alta calidade, segundo as estimacións que baralla o Órgano de Control e Certificación de Rías Baixas. “Unha cantidade de viño que nos garantirá manter os niveis de comercialización en todos os mercados”, engade Agustín Lago.

Este foi un ano cunhas condicións atmosféricas propicias para o coidado da viña na cal os 5.806 viticultores inscritos puideron ter unha relativa tranquilidade durante todo o ciclo da planta: cunha floración e callado do froito boa na primavera, para continuar cunha climatoloxía idónea durante o período de envero e terminar cunha vendima óptima. Agora o proceso continúa nas 169 adegas que recolleron uva durante nesta campaña, onde os mostos están a mostrar gran calidade e a fermentación está a ser adecuada.

A produción da variedade Albariño, dentro das variedades brancas, segue sendo a maioritaria, representando o 96,8% do total. Séguenlle a Treixadura, Loureira e o Caiño Branco. Aínda que as variedades tintas só supoñen o 0,77% da produción, na presente campaña recolléronse 246.660 quilos de uva, un 19,79 % máis que o ano anterior e coa variedade Sousón na cabeza.

O Salnés segue sendo a subzona con maior produción

En canto á produción, a subzona do Salnés mantén a súa hexemonía, seguida polo Condado do Tea, O Rosal, Ribeira Ulla e, por último, Soutomaior.

Durante a campaña de 2015 implantouse na totalidade da adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas o proxecto de mellora e adaptación a UNE-ISO/IEC 17065, normativa de obrigado cumprimento para todos os órganos certificadores de viños da Unión Europea. Vinte e sete auditores encargáronse de comprobar que os inscritos cumpriron as normas do manual de calidade e as especificacións técnicas recollidas no do prego de condicións. “Agora o nivel de control é máis exhaustivo e máis profundo. De maneira que no departamento técnico crúzanse moitos datos e, ao mesmo tempo, a trazabilidad e o control en adega é aínda máis intenso”, manifesta o director técnico.

Volumen de uva vendimiada / vinificada por subzona

(datos en kg)

Uva vendimiada

Uva importada de otras subzonas

Uva exportada a otras subzonas

Uva vinificada en cada subzona

O Salnés

20.582.827.-

1.321.189.-

467.527.-

21.436.489.-

O Rosal

3.541.466.-

676.447.-

246.239.-

3.971.674.-

Condado

6.585.671.-

507.519.-

1.060.112.-

6.033.078.-

Soutomaior

46.791.-

13.957.-

3.562.-

57.186.-

Ribeira Ulla

1.160.856.-

19.033.-

760.705.-

419.184.-

Total

31.917.611.-

2.538.145.-

2.538.145.-

31.917.611.-

Producción variedades blancas por subzonas

(datos en kg)

 

Salnés

Condado

O Rosal

Ribeira do Ulla

Soutomaior

Total

ALBARIÑO

20.527.188.-

6.192.668.-

2.997.394.-

1.137.412.-

44.810.-

30.899.472.-

LOUREIRA

5.997.-

46.491.-

178.844.-

0.-

237.-

231.569.-

TREIXADURA

950.-

182.102.-

57.682.-

8.306.-

0.-

249.040.-

CAIÑO BLANCO

2.900.-

562.-

195.429.-

0.-

0.-

198.891.-

TORRONTES

0.-

13.259.-

0.-

3.162.-

0.-

16.421.-

GODELLO

1.600.-

5.195.-

66.076.-

1.291.-

1.396.-

75.558.-

Total

20.538.635.-

6.440.277.-

3.495.425.-

1.150.171.-

46.443.-

31.670.951.-

Producción variedades tintas por subzonas

(datos en KG)

Salnés

Condado

O Rosal

Ribeira do Ulla

Soutomaior

Total

C.TINTO

22.494.-

2.934.-

933.-

1.959.-

0.-

28.320.-

ESPADEIRO

10.016.-

17.973.-

770.-

0.-

0.-

28.759.-

LOU.TINTA

2.603.-

0.-

0.-

0.-

0.-

2.603.-

MENCIA

7.979.-

31.440.-

435.-

8.726.-

348.-

48.928.-

BRANCELLAO

566.-

2.640.-

15.915.-

0.-

0.-

19.121.-

PEDRAL

0.-

9.671.-

0.-

0.-

0.-

9.671.-

SOUSON

534.-

80.736.-

17.596.-

0.-

0.-

98.866.-

CASTAÑAL

0.-

0.-

10.392.-

0.-

0.-

10.392.-

Total

44.192.-

145.394.-

46.041.-

10.685.-

348.-

246.660.-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información