A Denominación de Orixe Rías Baixas vendeu máis e máis caro en 2018 nos mercados internacionais. Preto de 70 países gastaron preto de corenta millóns de euros en máis de 7 millóns de litros destes viños durante o exercicio 2018. Un crecemento que se deixou sentir nun 10,35% en valor (cun prezo medio por litro de 5,55 €) e nun 9,32 % en volume.
O dato é especialmente positivo se se compara co de 2017, ano en que as exportacións dos viños de Rías Baixas aumentaron un 2,64% en volume e un 7,7% en valor.
Estas vendas foron posible, grazas a que o Órgano de Control e Certificación do Consello cualificou un total de 25.562695 litros de viño en 2018, que permitiron atender tanto aos mercados internacionais como aos nacionais e locais.
Neste momento 109 adegas, das 183 inscritos, xa están a vender internacionalmente. A maioría delas, 103 empresas, están a apoiarse en diferentes plans de exportación que ten en marcha o Consello Regulador, e actualmente suman un total de 9 en Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Xapón, México, Países Baixos, Polonia, e Reino Unido. Precisamente, Canadá acábase de pór en funcionamento este ano.
Principais destinos das exportacións
En total, 9.579.273 de botellas de Rías Baixas vendéronse nos mercados de exportación durante 2018. Os principais destinos foron Estados Unidos, que sofre un lixeiro descenso respecto de 2017; Reino Unido, que se mantén igual que o ano anterior en canto a volume; Porto Rico, Holanda – que se incrementou case un 48%-, Alemaña, Irlanda, Canadá – cun crecemento algo superior ao 52%- , México, Suecia – cuxo aumento superou o 91%-, e Bélxica, que tamén se incrementou en máis do 93%, respectivamente.
Tamén chama a atención o comportamento de países do norte de Europa como poden ser Suecia e Noruega, controlados por monopolios e onde é moi difícil entrar, xa que son mercados moi estritos que priman a calidade do produto. Outro dos países de relevancia é Irlanda, que co paso dos anos ha ir escalando posicións dentro deste dez primeiros destinos. “Trátase dun destino marcadamente feminino, xa que o home é máis consumidor de cervexa, que conta cun plan de promoción propio, dirixido aos medios life style”, precisan desde o Consello Regulador.
Ademais, destacan o comportamento de Rusia, “considerado potencial, é un mercado que sorprendeu cos seus 116.957 litros en 2018, que aínda que á beira dos principais mercados poida parecer pouco, o certo é que en tan só oito anos pasou de 6.051 litros aos preto de 117.000 litros actuais”.
País |
Volumen 2018 |
|
1 |
Estados Unidos |
2.373.862,93 litros |
2 |
Reino Unido |
1.465.879,85 litros |
3 |
Puerto Rico |
382.972,00 litros |
4 |
Holanda |
332.457,75 litros |
5 |
Alemania |
288.541,64 litros |
6 |
Irlanda |
258.733,50 litros |
7 |
Canadá |
252.614,50 litros |
8 |
México |
251.336,50 litros |
9 |
Suecia |
171.293,25 litros |
10 |
Bélgica |
138.603,00 litros |
Resto de países |
1.268.160,55 litros |
|
TOTAL |
7.184.455,47 litros |