Rianxo celebrará o 28 e 29 de outubro as ‘Xornadas por un Monte Vivo’

A Plataforma pola Defensa do Monte de Rianxo e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsan estas actividades abertas á participación da cidadanía.

Rianxo celebrará o 28 e 29 de outubro as ‘Xornadas por un Monte Vivo’

As localidades de Taragoña e Leiro en Rianxo, serán os lugares onde se celebren o sábado 28 e domingo 29 de outubro as “Xornadas por un Monte Vivo” para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio, visibilizar boas prácticas das comunidades de montes e inspirar a outros axentes a traballar en rede cara unha maior sustentabilidade no aproveitamento dos seus territorios.

A Plataforma pola Defensa do Monte de Rianxo e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, dando continuidade á colaboración entre ambas entidades desde 2021, impulsan esta fin de semana repleta de actividades abertas á participación da cidadanía.

Estas xornadas buscan informar á cidadanía sobre a importancia da xestión activa e custodia do territorio como garantes de sustentabilidade social, económica e ambiental, así como inspirar a outras comunidades de montes a traballar en rede cara a unha maior sustentabilidade no aproveitamento dos seus territorios.

Sobre as entidades que impulsan a iniciativa

Os incendios que arrasaron case a totalidade da superficie forestal do municipio de Rianxo no ano 2019 motivaron a constitución da Plataforma en Defensa do Monte –formada por oito comunidades de montes de Rianxo e pola asociación Fousas ao Monte–, co obxectivo de promover un cambio de modelo, que na actualidade está caracterizado polos monocultivos forestais, as dificultades para levar a cabo unha xestión activa do monte e os incendios recorrentes.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza acompaña á Plataforma en Defensa do Monte na súa transición cara unha maior sustentabilidade a través de accións de investigación e participación da comunidade local. Deste xeito búscase entender as condicións específicas da contorna, promover procesos de planificación e ordenación de usos; intervencións sobre o territorio con carácter exemplar; e accións de documentación, comunicación e divulgación do proceso.

Colaboran nas xornadas
− CMVMC de Baroña
− Fundación Montescola, Verdegaia e Brigadas Deseucaliptizadoras
− CEP Brea Segade
− IES Félix Muriel
− O Baixo Ulla

Axenda

Sábado 28 de outubro no Campo Maneiro, Taragoña:
− Visita guiada ao espazo demostrativo do Fieitoso dirixida polo alumnado do CEP Brea Segade
− Sesión formativa para a resinación de piñeiros
− Obradoiro sobre a transformación de madeira con serradoiro portátil
− Xantar comunitario
− Pastoreo de cabras para a limpeza de terreos
− Roteiro comunitario comentado desde O Fieitoso ata Ourille pasando por Paradela e o Castro
Barbudo
− Magosto

Domingo 29 de outubro, no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro:
− Traballos comunitarios, rexeneración de áreas degradadas por presencia de acacia e eucalipto
(require inscrición)
− Visita á plantación experimental de castiñeiros de Leiro
− Xantar comunitario para os voluntarios dos traballos comunitarios da mañá
− Presentación de “Cando eramos sostibles”, o libro do Laboratorio Ecosocial do Barbanza
− Charlas-debate
− Fin de festa

Participación
A participación en todas as actividades é aberta. Porén, é preciso inscribirse previamente para a
participación nos traballos comunitarios da xornada do domingo 29 de outubro e o xantar posterior.
As persoas interesadas enviarán un correo electrónico a info@barbanzaecosocial.org indicando o seu nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, email, concello de residencia, se desexa asistir ao xantar comunitario e, nese caso, alerxias ou intolerancias alimentarias.

Máis información proximamente en barbanzaecosocial.org

Axenda completa nas páxinas seguintes

Xornadas por un Monte Vivo

Sábado 28 de outubro
Campo Maneiro de Taragoña e inmediacións

Domingo 29 de outubro
Centro cultural Vicente Vidal de Leiro e arredores

Obxectivos das xornadas
− Informar á cidadanía sobre a importancia da xestión activa e custodia do territorio como garantes de sustentabilidade social, económica e ambiental
− Visibilizar boas prácticas das comunidades de montes locais xa en marcha
− Demostrar a pequena escala as propostas das comunidades de montes de Rianxo, dando continuidade de forma práctica e visitable ás aprendizaxes do Laboratorio Ecosocial neste período
− Mostrar ás administracións a existencia deste proxecto e a vontade das comunidades de montes de Rianxo por seguir traballando xuntas nun proxecto común
− Implicar á cidadanía na xestión do territorio, en especial ás novas xeracións, que serán quen constitúan as comunidades no futuro
− Inspirar a outras comunidades de montes a traballar en rede cara a unha maior sustentabilidade no aproveitamento dos seus territorios
− Ilusionar ás comunidades de montes de Rianxo a través dun evento no que sexan protagonistas
− Documentar toda a experiencia e sumar o material xerado á bagaxe da Plataforma pola Defensa do Monte para outras convocatorias, solicitudes de axudas ou premios

Axenda completa das xornadas

Día 1 – Sábado 28 de outubro
Demostración, formación, divulgación, pastoreo e roteiro comunitario

Campo Maneiro de Taragoña e inmediacións (Paradela e Ourille)
− 10:30 Almorzo e benvida

− 10:45 Presentación das xornadas, coa intervención de
o Lucía Saborido (presidenta da CMVMC do Araño)
En representación da Plataforma pola Defensa do Monte
o Lourenzo Fernández Prieto (director científico comisario do CISPAC)
En representación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza
o Emilio Saborido (presidente da CMVMC O Fieitoso de Taragoña e Miguel Rial (representante de
Fousas ao Monte) como anfitrións da xornada do sábado

− 11:00 Visita guiada ao espazo demostrativo do Fieitoso
Dirixida polo alumnado do CEP Brea Segade

− 12:15 Sesión formativa para a resinación de piñeiros
A cargo da CMVMC de Baroña

− 13:00 Obradoiro de transformación de madeira con serradoiro portátil
A cargo da CMVMC de Baroña

− 14:00 Xantar comunitario

− 16:00 Roteiro comentado
Percorrido de 2,5km (en subida) a cargo de O Baixo Ulla
Desde O Fieitoso ata Ourille pasando por Paradela e o Castro Barbudo

− 17:00 Chegada ao Castro Barbudo para o recoñecemento do territorio

− 18:30 Pastoreo de cabras para a limpeza de terreos
Responsable: CMVMC O Fieitoso de Taragoña + Fousas ao Monte
Intervén: Emilio Saborido – Presidente CMVMC O Fieitoso de Taragoña
Punto de encontro: zona das cabras

− 19:00 Magosto no Campo Maneiro
Festividade e música a cargo de agrupacións locais

Durante toda a xornada haberá xogos infantís no Campo Maneiro

Día 2 – Domingo 29 de outubro

Traballo comunitario, charlas-debate e festividade

− 09:30 Traballos comunitarios
Rexeneración de áreas degradadas por presencia de acacia e eucalipto, a cargo da CMVMC de Leiro, a Fundación Montescola, Verdegaia e as Brigadas Deseucaliptizadoras
Punto de encontro: Centro cultural Vicente Vidal de Leiro

− 13:30 Visita á plantación experimental de castiñeiros de Leiro
A cargo de Ánxela Miguéns, Presidenta CMVMC Leiro
Punto de encontro: plantación experimental de Leiro

− 14:30 Xantar comunitario
A cargo da CMVMC Leiro
Punto de encontro: Centro cultural Vicente Vidal de Leiro

− 16:15 Presentación de “Cando eramos sostibles”
A cargo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza
Punto de encontro: Centro cultural Vicente Vidal de Leiro

− 16:30 Charlas e debate posterior

A cargo da CMVMC de Leiro e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza e con intervencións de:
Punto de encontro: Centro cultural Vicente Vidal de Leiro
o Fina Fernández López, xenetista
Hai un futuro para o castiñeiro de madeira na Galiza Atlántica?
o Xabier González Torre, xefe do distrito forestal IV
Retos para unha ordenación sostible do monte no Barbanza
o Xosé Antón Araúxo, presidente da CMVMC de Couso
Modelo de xestión do monte comunal

− 18:00 Peche das xornadas

A cargo da Plataforma pola Defensa do Monte
Intervén Rafael Saco – Presidente da Plataforma pola Defensa do Monte
Punto de encontro: Centro cultural Vicente Vidal de Leiro

− 18:10 Festividade e música
A cargo de agrupacións locais
Punto de encontro: Centro cultural Vicente Vidal de Leiro

IMPORTANTE

A participación nos traballos comunitarios da xornada do domingo 29 de outubro e o xantar posterior require inscrición. As persoas interesadas enviarán un mail a info@barbanzaecosocial.org
indicando o seu nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, email, concello de residencia, se desexa asistir ao xantar comunitario e, nese caso, alerxias ou intolerancias alimentarias.

Carteis-Xornadas por un monte vivo_Leiro

Carteis-Xornadas por un monte vivo_Taragoña

Ilustracion-Xornadas por un monte vivo_Leiro

Ilustracion-Xornadas por un monte vivo_Taragoña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información