Revisión das normas europeas para as axudas ó agro e á silvicultura

Revisión das normas europeas para as axudas ó agro e á silvicultura

A revisión das axudas busca conceder maís incentivos a prácticas silvoambientais, entroutros obxectivos.

A Comisión Europea abriu un periodo no que invita ás partes interesadas a presentar observacións acerca da revisión das normas para as axudas ós sectores agrícola e forestal. O obxectivo da revisión das normas é adaptalas ás prioridades estratéxicas actuais da UE, en especial ó Pacto Verde Europeo (Green Deal) e á nova Política Agrícola Común (PAC).

En xeral, a Comisión considera que as normas a revisar funcionan ben, pois satisfacen en gran medida as necesidades dos sectores implicados e, ó tempo, contribúen a outros obxectivos políticos máis amplos, como a protección do medioambiente e a sanidade vexetal e animal. Sen embargo, a Comisión cre precisos algúns axustes, entre os que sinala os seguintes:

  • Directrices da Unión Europea aplicables ás axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais

    A Comisión propón que se introduzan novas categorías de axuda, por exemplo apoios para a erradicación de especies exóticas invasoras e enfermidades emerxentes, a fin de protexer a saúde pública, animal e vexetal.

    Outra das propostas refírese ó aumento de incentivos para medidas de xestión forestal favorables ó medioambiente e ó clima (servizos silvoambientais e climáticos). A idea é aumentar a intensidade máxima da axuda ata o 120% dos custos subvencionables para os servizos relacionados coa biodiversidade, o clima, a auga, o solo ou para réximes de captura de carbono en solos agrícolas.

  • Reglamento de exención por categorías no sector agrícola

    A Comisión introduce novas categorías de medidas de axuda obxecto de exención, por exemplo, axudas para reparar os danos causados por especies animais protexidas e axudas para compensar os custos adicionais en que se incurra cando as terras agrícolas estean en Rede Natura 2000.

    Esta exención implica unha tramitación máis áxil dos apoios polos Estados membro, sen necesidade de consulta previa destas liñas de axuda coa Comisión.

As propostas sometidas a consulta poden revisarse aquí no relativo ós sectores de agricultura, silvicultura e zonas rurais. A adopción das normas revisadas está prevista a finais do 2022.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información