No cita deste 8 de outubro no Mercado Nacional de Gando de Amio, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade unha actualización dos prezos en tres fases, resultando a primeira nunha suba de 0,12 euros os prezos de todas as canais de ambas as categorías, Suprema e Tenreira.
Así mesmo, os prezos do gando que concorreu ao recinto feiral mantéñense igual á sesión anterior para toda a recría e o vacún mediano e maior de matadoiro, segundo unha enquisa da organización entre compradores asistentes.
En canto á asistencia, destaca unha baixada de 67 animais con respecto a anterior cita e rexistráronse así unhas 1.211 reses. En detalle, houbo 1.025 cabezas de vacún menor, é dicir, 74 menos que a semana pasada; 35 de vacún mediano (-5 animais) e 151 de vacún grande (+12 reses).
Galego









Control OJD