Reunión na Ribeira Sacra para abordar a demanda de usar drons na aplicación de fitosanitarios

O Sindicato Labrego e o Consello Regulador están de acordo en presionar ó Ministerio para permitir esta alternativa

Publicidade

SLG RS

Presionar ao Ministerio de Agricultura para que se autorice a utilización de drons para a aplicación de fitosanitarios nos viñedos e realizar un estudo de custes de produción. Son os dous principais puntos nos que amosaron o seu acordo o Consello Regulador da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra e o Sindicato Labrego Galego (SLG) logo dun encotro mantido na sede do Consello.

Os participantes trasladaron perspectivas positivas sobre a evolución do sector logo da grave criseda DO en 2024 e amosáronse en sintonía para consolidar unha certa estabilidade entre os viticultores.

Así, defenden que o marco normativo existente permitiría o emprego de drons e a aplicación dos fitosanitarios por ese medio nos viñedos de Ribeira Sacra, pero -aseguran- é necesaria unha autorización que compete exclusivamente ao Ministerio de Agricultura.

O Consello Regulador xa está traballando coa Xunta de Galicia para exercer presión ante o Ministerio coa finalidade de acadar a autorización desta tecnoloxía. Ministerio profundice nel e autorice a aplicación”. O SLG comprometeuse a verificar que a Xunta está traslade este asunto de forma efectiva aos órganos correspondentes en Madrid.

Tanto o SLG como o Consello Regulador insisten na necesidade urxente de estudos oficiais e independentes que determinen os custos reais de produción na DO Ribeira Sacra. “Esa información é vital para poder valorar obxectivamente se o prezo que se está percibindo actualmente é suficiente e para identificar con precisión onde está habendo distorsión na cadea de valor”, explica o sindicato.

O SLG valora positivamente as decisións do Consello Regulador ante crise de excedentes. “A redución de cupos a 7.500 quilos por hectárea e a implantación de axudas destinadas á conservación da paisaxe foron determinante para normalizar a situación da DO”, sinalan.

Tamén se constatou que os prezos da uva están a experimentar unha melloría gradual e tanto o SLG como o Consello Regulador van manter unha vixilancia conxunta para asegurar que a prioridade sexa sempre a estabilidade económica do viticultor.

Ambas entidades coinciden tamén na necesidade de que a DO Ribeira Sacra promocione a propia marca para poder competir en igualdade de condicións no mercado actual. O Consello Regulador recoñece que o posicionamento diferenciado da denominación require dun impulso importante nos próximos meses.

Por parte do Consello Regulador estivo presente o seu presidente, Antonio Lombardía e por parte do SLG acudiron Brais Álvarez, Secretario de Acción Sindical, David Álvarez, viticultor de Pantón e novo responsable do Sector do Viño do sindicato, e María Ferreiro, secretaria xeral do SLG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información