Reunión en Santiago do proxecto europeo Click on T para difundir boas prácticas agrogandeiras contra o cambio climático

Publicidade
Reunión en Santiago do proxecto europeo Click on T para difundir boas prácticas agrogandeiras contra o cambio climático

Esta mañá celebrouse en Santiago de Compostela un taller de traballo do proxecto europeo Clickont.nkey.it

Esta mañá celebrouse en Santiago de Compostela un taller de traballo do proxecto europeo Clickont.nkey.it co que se persegue recoller e difundir boas prácticas agrícolas e gandeiras que fomenten a biodiversidade e axuden a combater o cambio climático.

Na xornada participaron uns 25 representantes deste proxecto Erasmus de transferencia de coñecementos e innovación e cuxo traballo se prolongará até o ano 2022. Por parte de España no proxecto participa o centro de promoción rural EFA Fonteboa, e os outros países que forman parte son Romanía, Polonia, Italia e Lituania.

A reunión de traballo de Click on T celebrada hoxe na EGAP serviu para intercambiar información sobre as actividades que se están realizando nos distintos países participantes.

Mañá xoves continuará a xornada de traballo con visitas a granxas de vacún de leite da provincia da Coruña que participan nalgunha iniciativa do sector para loitar contra os efectos do cambio climático: Casa Grande de Xanceda, en Mesía; Casa de Pedro, en Ordes, que participa no proxecto de Nestlé e SEO/Birdlife para mellorar a biodiversidade nas gandarías de vacún de leite; e unha gandaría socia de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) que produce leite “Únicla” con cero emisións de CO2.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información