Reunión do Consello Alimentario do Eo o día 19 para avanzar nun sistema agroalimentario local máis sostible e xusto

O encontro terá lugar en Barreiros co obxectivo de promover a agroecoloxía, a soberanía alimentaria e o desenvolvemento local no territorio

Reunión do Consello Alimentario do Eo o día 19 para avanzar nun sistema agroalimentario local máis sostible e xusto

Imaxe de arquivo.

O 19 de decembro celébrase no Concello de Barreiros o IV Consello Alimentario do Eo, un órgano consultivo e participativo que busca impulsar un sistema agroalimentario local máis sostible, saudable e xusto. O Consello traballa en base aos compromisos e obxectivos da Estratexia Alimentaria Participativa Eo Alimenta.

Poderán participar no CAEO axentes do territorio como gobernos locais, organizacións sociais e sindicais do ámbito agroalimentario, colexios profesionais, centros de investigación, grupos de desenvolvemento rural, mancomunidades ou deputacións. Ademáis das persoas interesadas neste ámbito a través dos Grupos de Acción.

As entidades membras do CAEO teñen que promover sistemas alimentarios locais que sexan sostibles, ecolóxicos, inclusivos, resilientes e diversos, garantindo o acceso a alimentos saudables para toda a poboación, fomentando o emprego local e aliñándose coas perspectivas da Agroecoloxía e a Soberanía Alimentaria.

A realización deste Consello Alimentario e posible grazas ao apoio económico de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo e Caja Rural Asturiana. As persoas interesadas poderán inscribirse no seguinte formulario.

O programa do Consello Alimentario do Eo é o seguinte:

eo alimenta xornada gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información