A Federación Rural Galega (Fruga) ten previsto manter na mañá de hoxe unha reunión coa Consellería do Medio Rural. O encontro foi solicitado o pasado mes de xullo pola organización agraria para abordar principalmente a situación do sector lácteo. A Fruga subliña que xa pasou máis dun ano desde o inicio das mobilizacións gandeiras sen que desde as Administracións se teñan tomado medidas efectivas para reverter a crise.
Xunto coa crise do leite, a Federación plantearalle tamén á Consellería outros temas que afectan ós diversos sectores produtivos do agro galego. A organización destaca os seguintes:
– Perspectivas ante a próxima vendima e situación dos contratos homologados de compra venda de uva.
– Problemas causados pola fauna salvaxe.
– Lumes no mundo rural.
– Anticipo do pagamento da PAC 2016.
– Problemas nas campañas de saneamento gandeiro.
– Representatividade das organizacións agrarias.