Os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, mantiveron esta semana unha reunión de traballo con responsables de Xenética Fontao, empresa participada pola Xunta.
O encontro serviu para reforzar as liñas de colaboración e coordinación entre a Consellería do Medio Rural e Xenética Fontao a prol da mellora xenética xeral do sector gandeiro galego. Así, a empresa radicada en Lugo está considerada como un referente a nivel nacional e mesmo internacional no seu campo de actividade e atópase nunha situación privilexiada para a captación de fondos en materia de investigación e innovación para a mellora xenética, entre outras características que a definen.
Cómpre lembrar que recentemente Xenética Fontao e a Real Federación Española de Asociacións de Gando Selecto (Rfeagas) asinaron un convenio de colaboración en materia de análises de ADN en animais de diversas razas puras, con vistas a seguir avanzando na mellora xenética destes recursos. O acordo de cooperación permitirá a realización de 60.000 análises nos anos 2026 e 2027 para a determinación de parentesco e xenotipado, así como asesoramento técnico.
Galego





Control OJD