Reunión de Economía co Clúster da Madeira para abordar liñas de traballo no 2026

A entidade mantivo unha reunión coa conselleira de Economía onde se abordou a creación da futura fundación para o fomento da investigación forestal que a Xunta vai impulsar

Publicidade
Reunión de Economía co Clúster da Madeira para abordar liñas de traballo no 2026

Membros do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CDM) reuníronse coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, onde se abordou o compromiso do Goberno galego coa cadea monte industria, así como as posibilidades de crecemento dun sector fundamental para a economía galega.

Neste senso, o encontro serviu para abordar, entre outras cuestións, o futuro plan director do sector forestal, que estará orientado á sustentabilidade, competitividade e modernización e que se centrará especificamente na industria forestal-madeira de Galicia.

Outro dos asuntos analizados foi a creación da futura fundación para o fomento da investigación forestal que a Xunta vai impulsar co obxectivo de incrementar a actividade investigadora, a transferencia tecnolóxica e a xeración de recursos neste campo, e que virá a reforzar a actividade de investigación do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e do Centro de Innovación e Servizos da Madeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información