A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

‘Retos nas explotacións de vacún de leite’, webinar de MSD Animal Health

A xornada online incluirá unha mesa redonda con José Manuel Fernández (Sat Busto Corzón, Mazaricos), José María Pont (Granja San José, Zaragoza) e con Manuel Sánchez, de Granja Santa Teresa (Córdoba)

‘Retos nas explotacións de vacún de leite’, webinar de MSD Animal Health

A firma MSD Animal Health está a programar unha serie de webinars nos que técnicos e gandeiros de referencia ofrecen a súa visión e recomendacións sobre cuestións de interese. O próximo webinar, que leva por título ‘Retos e desafíos de presente e futuro nas explotacións de vacún de leite’, desenvolverase o vindeiro xoves 12 de novembro ás 12 horas. Poderá seguirse tanto en directo como en diferido, pero é preciso rexistrarse previamente a través da web www.vacunalavacawebinars.com.

Na xornada online do próximo xoves 12 haberá unha mesa redonda na que intervirán José Manuel Fernández (Sat Busto Corzón, Mazaricos), José María Pont, propietario de Granja San José (Zaragoza) e Manuel Sánchez, encargado de Granja Santa Teresa (Córdoba). O tres gandeiros, moderados por Ángel Revilla (director da unidade de rumiantes de MSD), abordarán retos e desafíos para as explotacións de vacún de leite.

O seminario de MSD contará ademais cunha primeira parte introductoria na que se presentará o proxecto dixital Vacuna la Vaca por parte de Yasmina Haendler e de Marta Romero, do departamento de Marketing de Rumiantes de MSD.

Serie de xornadas online
Este webinar, encadrado na serie ‘Rumiando los jueves’, terá continuidade en próximas semanas con novos contidos de interese para as granxas de vacún. A través destes webinars, MSD Animal Health explica que pon de manifesto a súa aposta por apoiar a profesionalización do sector e por estar xunto aos profesionais, veterinarios e gandeiros, que co seu esforzo e dedicación no día a día, fan posible dispor de produtos de alto valor nutricional para as persoas, garantindo en todo momento a saúde e o benestar dos animais.

MSD divulga tamén experiencias de profesionais do sector e outra información de interese a través das súas canles de Facebook e Instagram @vacunalavaca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *