Resultados oficiais das mellores ganderías de vacún de leite de Galicia no 2020

Resultados oficiais das mellores ganderías de vacún de leite de Galicia no 2020

Imaxe de Sat A Campiña (Portomarín, Lugo), a gandería que logrou a primeiriza con máis produción en Galicia no 2020. / Arquivo.

A Federación Frisona Galega (Fefriga) dá a coñecer as distincións honoríficas 2021, coas que quere recoñecer ós criadores que “co seu esforzo, dedicación e profesionalidade” lograron animais destacados no último ano.

Accede neste documento ós resultados completos – Distincións honoríficas Fefriga 2021 (PDF).

As distincións recollen as mellores produtoras de Galicia, tanto en primeirizas como en vacas de máis dunha lactación; as mellores granxas (por produción, por cualificación morfolóxica dos animais e por ICO – índice xenético); así como as mellores producións vitalicias por vaca, un ranking no que figuran tódolos animais que superan os 100.000 litros ao longo da súa vida.

Detallamos abaixo os cadros de melloras vacas produtoras e no documento completo pódese acceder ó resto de clasificacións.

Mellores produtoras de Galicia 2020 – Primeirizas
Concedese este recoñecemento ás 20 mellores primeirizas que, non superando os 30 meses de idade no momento do parto, remataran a súa lactación (normalizada a 305 días) no 2020.

PRIMEIRIZAS FEFRIGA 2020

Mellores Produtoras de Galicia 2020 – Vacas
Concedese este recoñecemento ás 20 vacas de 2 ou máis partos que na lactación (normalizada) rematada no 2020, máis Kg. de Leite produciron.

fEfriga vacas 2021

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información