Resultados do concurso de manexadores de Moexmu 2015

Miguel Expósito Rodríguez, campión manexador, e Águeda Capón Fernández, subcampioa.

Resultados do concurso de manexadores de Moexmu 2015

Miguel Expósito Rodríguez, campión manexador. Autor: Africor-Lugo.

Este domingo, dentro das actividades organizadas na 29ª edición do Concurso de Gando Frisón MOEXMU 2015, tivo lugar o Concurso de Novos Manexadores.

O xuíz D. Javier Freije Freije, xuíz nacional de Conafe, foi o encargado de valorar aos participantes.Previo ao inicio do concurso o Xuíz impartiu unha breve charla sobre a morfoloxía da vaca frisoa e o manexo dos animais na pista, está foi seguida con atención polos rapaces que logo participarían no concurso de manexadores.

O concurso de manexadores comenzou polas sección de máis idade, así os máis novos puideron ir tomando nota de como se desenvolven os seus compañeiros na pista e das explicacións do xuíz para cando lles toque o seu turno.

Sección 4, maiores de 21 anos:

Posto Nome Gandería

Miguel Expósto Rodríguez La Rinconada

Marcos Rivas López Casa Liñares

Roi Capón Fernández Capón Holstein

Sección 3, de 16 a 21 anos inclusive:

Posto Nome Gandería

Avelino Souto Rozados Midón

María Manteiga Rodríguez Manteiga

Águeda Capón Fenández Capón Holstein

Sección 2, de 10 a 15 anos inclusive:

Posto Nome Gandería

Jorge Vázquez Cuñarro Capón Holstein

Adán Blanco Pardo Cavadas

Abel Carballo Pena Adonis

Sección 1, ata 9 anos: Todos resultaron premiados.

Águeda Capón Fernández, subcampioa manexadora.

Águeda Capón Fernández, subcampioa manexadora.

A continuación tivo lugar o campionato de manexadores, no que o cántabro Miguel Expósito Rodríguez, da gandería La Rinconada (Ampuero), repetiu o éxito colleitado en febreiro en GandAgro e conseguiu un ano máis o primeiro premio tamén en Moexmu, mentres que Águeda Capón Fernández, de Casa Capón Holstein (Chantada), logrou o segundo premio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información