Resultados das probas de Conafe do mes de marzo dos mellores touros de Frisona

Resultados das probas de Conafe do mes de marzo dos mellores touros de Frisona

Armónico revalida o primeiro posto como mellor touro de propiedade española

A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar os resultados das probas de avaliación xenética correspondentes ao mes de marzo.

No catálogo dos 100 mellores touros xenómicos, cunha fiabilidade inferior ao 80%, destaca como principal novidade a entrada dun novo número 1: K&l Bc Snake II Batery, de Xenética Fontao, que acadou nada menos que 4.698 puntos. Séguelle Buiteneind K&B CV Clever, tamén da empresa pública galega, cun ICO de 4.682 puntos, e en terceira posición, tamén de Xenética Fontao, Arion, con 4.622 puntos ICO.

Velaquí un resumo dos 20 primeiros postos:

CONAFE_MARZO_XENOMICOS

Catálogo de touros probados

En touros probados, cunha fiabilidade superior ao 80%, non se produciron grandes variacións con respecto ás probas de Conafe de Novembro. Así no catálogo dos 100 mellores touros de propiedade española, VVH Armónico, de Xenética Fontao, mantense imbatible no primeiro posto cun ICO de 4.058 puntos. Séguelle en segundo lugar RI Opsal Nissan ET, de Ascol, con 3.669 puntos, e Bos Seijo Bolton Torrel, de Xenética Fontao, con 3.650 puntos. Ao igual que no catálogo de touros xenómicos, o dominio da empresa pública galega é claro en touros probados.

Velaquí un resumo dos 20 primeiros postos:

CONAFE_MARZO_100_PROBADOS

Por último, en canto ao catálogo de 200 mellores touros por ICO proba nacional, a lista segue encabezada polo estadounidense Sully Hart Meridian ET, con 4.220 puntos; seguido de De-Su Gillespy ET, tamén de Estados Unidos, con 4.199 puntos e en terceira posición o galego VVH Armónico, cunha puntuación ICO de 4.058.

Velaquí un resumo dos 20 primeiros postos:

CONAFE_MARZO_200_PROBADOS

-Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros xenómicos españois. Proba de Conafe do mes marzo.

-Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros probados españois. Proba de Conafe do mes marzo.

-Descarga aquí o católogo dos 200 mellores touros probados. Proba de Conafe do mes marzo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información