Este domingo celebráronse as eleccións para a renovación dos órganos de goberno de seis consellos reguladores do ámbito agrolimentario galego, convocadas mediante a orde da Consellería do Medio Rural, e sen dúbida un dos procesos que xerou máis expectación, tanto polo disputado dos comicios -6 candidaturas- como polo gran número de electores -7605-, foi ao Consello Regulador das IXP das Carnes de Vacún de Galicia.
Finalmente, e cunha participación do 37,4 % -2826 votos-, os resultados foron os seguintes:
-Asociación Gandeiros Galegos da Suprema: 1158 votos.
-Unións Agrarias: 901 votos.
-Sindicato Labrego Galego: 405 votos.
-Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias: 173 votos.
-Asociación Agraria de Galicia: 118 votos.
-Federación Rural Galega: 71 votos.
Desta forma, os 5 vocais a elixir para os representantes dos produtores repártense do seguinte xeito: Dous para Gandeiros Galegos da Suprema, dous para Unións Agarias e 1 para o Sindicato Labrego Galego. A Asociación Agraria de Galicia alzouse cos 3 representantes dos cebadoiros.
Velaquí os resultados completos por comarcas:
O proceso electoral continuará a vindeira semana, concretamente o martes día 21, coa proclamación por parte da xunta electoral dos vogais resultantes do proceso de votacións que se realizou hoxe.
Entre o 27 de febreiro e o 10 de marzo realizarase a constitución dos 15 plenos e a elección das persoas que ocuparán as súas presidencias e vicepresidencias.