Resultados das catas dos viños e augardentes de Galicia 2021

Pazo Rubianes, da DO Rías Baixas foi escollido como mellor branco 2021. Nos tintos, Prómine Singular, da DO Ribeira Sacra, resultou o gañador

Publicidade
Resultados das catas dos viños e augardentes de Galicia 2021

Este mércores deuse a coñecer os premiados na XXXIII Cata de Viños de Galicia 2021, a XXIII Cata de Augardentes de Galicia e a X Cata dos Licores Tradicionais de Galicia. O mellor viño branco desta edición foi Pazo de Rubianes, da adega Pazo de Rubianes, da Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas. Entre os tintos, o mellor viño de Galicia neste 2021 resultou o Prónime Singular de Adegas Petrón, da DO Ribeira Sacra. 

Como novidade, este ano, incorporouse unha nova categoría de premios ao ‘mellor deseño da botella e etiquetaxe’. Esta nova sección busca premiar aquelas adegas que apostan por unha presentación innovadora e creativa na súa etiquetaxe e no propio envase, pois moitas veces o consumidor escolle o produto pola súa imaxe exterior.

Ademais das catas, entregáronse dous premios honoríficos ás figuras de Waldo Carreiras e Alain Huetz de Lemps.

Recollemos, a continuación, os resultados destes premios, convocados polos Consello Regulador das denominacións de orixe vitivinícolas e pola Consellería de Medio Rural:

XXXIII CATA DOS VIÑOS DE GALICIA – 2021

Cata vinos Galicia _2021_1Cata vinos Galicia 2021_2Cata Vinos Galicia_2021_3

 
XXIII CATA DAS AUGARDENTES DE GALICIA 2021

Cata augardentes Galicia 2021 X CATA DOS LICORES TRADICIONAIS DE GALICIA 2021

catas_licores tradicionais_2021

MELLOR DESEÑO

Premio mellor deseno

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información