Resultados da XVII Poxa de Gando Frisón de Feiradeza

Unha das dúas vacas que acadou o prezo máximo: 3600 euros

Unha das dúas vacas que acadou o prezo máximo: 3600 euros. Foto: Noelia Cortizo

Este domingo pola mañá celebrouse no Lalín Arena, no marco de FEIRADEZA, a XVII Poxa Gando Frisón, organizada polo Concello de Lalín, xunto con Africor Pontevedra, a Deputación Provincial de Pontevedra e as ADSG provinciais.

Finalmente adxudícáronse 16 primeirizas recén paridas ou xa en lactación e inseminadas con seme sexado cun prezo medio de 3044 euros por animal. Todas elas procedían de Finca Mouriscade, a granxa da Deputación de Ponvedra.

O prezo máximo foi de 3600 euros para dúas vacas que foron adquiridas por Gandería San Rián S.Coop, do concello coruñé de Brión. O volume de vendas quedou nos 48.700 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información