Resultados da reunión entre a Xunta e a directiva de Acruga

Resultados da reunión entre a Xunta e a directiva de Acruga

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias José Balseiros, mantivo este martes unha reunión con representantes da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de raza Rubia Galega (Acruga), tras as eleccións celebradas nesta asociación. O encontro serviu para tratar a relación entre ambas entidades e intentar reforzala co obxectivo de impulsar o sector gandeiro de vacún de Galicia en xeral e desta raza autóctona en particular.

Un dos puntos clave da conversa foi o convenio de 570.000 euros firmado entre a Xunta e Acruga no ano 2019 para impulsar a consolidación e diversificación da raza rubia galega, vixente ata este ano 2022. As dúas partes consideran este acordo positivo para o sector, polo que están traballando para ampliar e reforzar este convenio, do cal se benefician tanto os miles de socios e criadores de raza rubia galega que forman parte de Acruga coma a poboación galega que consume o produto ofrecido por este sector gandeiro.

Na xuntanza tamén se falou da necesidade de valorizar a carne da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega para facer fronte á situación de venda a perdas do sector. Así, o director xeral destacou a campaña de promoción de Ternera Gallega Suprema que se vai poñer en marcha proximamente a nivel nacional e que estará financiada con 1,4 millóns de euros achegados pola Xunta e polo consello regulador da IXP Ternera Gallega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información