
Poxa celebrada en Sarria. Foto: PORTO / El Progreso de Lugo
Este sábado pola mañá celebrouse na vila luguesa de Sarria senllas poxas de gando de raza Frisoa e de Rubia Galega dentro da Mostra Gandeira de San Isidro Labrador.
A poxa de gando frisón foi organizada por Africor Lugo celebrou, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, Xenética Fontao, Caixa Rural, o Concello de Sarria e a Cooperativa Aira. Puxéronse á venda un total de 12 animale procedentes de ganderías luguesas.
A máxima cotización correspondeu a Grilo Genuine 4219, un exemplar vendido pola gandería Grilo, de Boveda (Lugo), adquirido pola gandería Pena Guisande de O Paramo (Lugo) por 4.450 euros.
Adxudicáronse todos os exemplares presentados na poxa, cun prezo medio de 3320 euros e un volume total de negocio que alcanzou os 39.850 euros
Poxa de Rubia Galega
A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) tamén organizou unha poxa de xovencas preñadas procedentes da Granja Gayoso Castro da Deputación de Lugo. Os animais presentáronse no anel de poxas con 2.300 euros de saída e subiron nas tres poxas ata alcanzar os 2.700, 2.600 e os 3.200 euros, o que permitiu pechar esta poxa cun prezo medio de 2.833 euros. Retiráronse ata 22 tarxetas.