Este domingo celebrouse a Poxa de Gando Frisón de Mesón do Vento, no concello coruñés de Ordes, organizada por Africor Coruña, en colaboración coa alcaldía do municipio.
Finalmente adxudicáronse 11 dos 14 animais que saíron á venda, todos eles vacas en lactación procedentes de ganderías coruñesas.
O prezo medio foi de 3127 euros por animal, cun máximo de 3950 euros que se pagou por Cerdeiras Pepsi Clarisa Et, vendida por Granxa Cundíns Sl e mercada por Ganadería Carreira Sl., de O Íncio (Lugo).
Velaquí os resultados completos: