O Recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela, acolleu este luns, 25 de xullo, unha nova edición da tradicional Feira de Gando Equino, Asnal, Ovino e Caprino do Apóstolo.
A esta edición concorreron un total de 365 reses: 184 eguas e cabalos para vida e 181 cabalos e eguas para abasto; 53 burros e asnos; 12 reses de ovino menor e 17 de caprino menor.
En cando aos prezos medios, para as eguas e cabalos para vida a media por cabeza foi de 1.140 euros, que no caso de para sacrificio baixou aos 700 euros. No caso dos asnos, o prezo medio por cabeza foi de 500 euros; no gando ovino de 70 e no caprino de 80 euros por animal.
En total, o valor estimado do mercado ascendeu a 365.160 euros, dos que 336.460 corresponderon á venda de gando equino.