Resultados do concurso e da poxa de Rubia Galega celebrada en Adai

Resultados do concurso e da poxa de Rubia Galega celebrada en Adai

O gandeiro do Corgo José Antonio Ferreiro Palacios levou o primeiro premio a mellor semental

A feira de gando de Adai, coa celebración este sábado na localidade lucense da poxa, o concurso e a exposición, todos eles de caracter nacional, segue sendo sinónimo de éxito para a raza Rubia Galega.

Un ano máis hai que falar de bos resultados na poxa organizada pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga), que logrou que se adxudicasen os 23 animais presentados a poxa, xa que o ano pasado houbo moi boas cifras aínda que cinco exemplares quedaron desertos. Pola contra, este ano os preto de 60 gandeiros de toda Galicia que sacaron o cartón para participar na poxa non deixaron que un só animal volvese á súa explotación de orixe.

As femias, todas elas xovencas preñadas tanto procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro como de gandarías particulares, lograron un prezo medio superior aos 2.200 euros. Das 15 poxadas, a que logrou unha maior cotización foi a de Manuel López Quiroga, un gandeiro de Samos, habitual nesta poxa e que ano tras ano acapara premios no concurso de gando. O seu exemplar logrou adxudicarse por 3.050 euros a outro gandeiro de Friol.

Na poxa de alcanzou un prezo máximo de 3050 euros por unha xovenca preñada

Con respecto ás novelas do centro de recría, que partían cun prezo de saída de 1.800 euros, a que logrou maior cotización vendeuse en 2.750 euros ao mesmo gandeiro con explotación en Friol.

Tamén foron adxudicados o oito machos presentados á poxa, o que ao final da subasta arroxou un prezo medio de 2.175 euros. De novo, un dos exemplares de Manuel López Quiroga logrou a máis alta cotización, tras unha disputada poxa, que se pechou coa compra do animal por 2.750 euros por un gandeiro de Ourense.

Os exemplares poxados este sábado foron a parar a gandarías de Friol, Ribadeo, Curtis, Pedrafitra, Láncara, Ferrol, Lalín, Castroverde, Fonsagrada, Ourense, O Pino, Silleda e Paradela.

Concurso

A edición número 32 do consurso nacional de Raza Rubia Galega tivo grandes gañadores, habituais nestes certames, como o gandeiro de Samos Manuel López Quiroga, que se fixo con tres primeiros premios nas categorías de mellor xato, mellor becerro, mellor xovevenca e mellor becerra, ademais de con varios segundos e terceiros postos.

Tamén destacou o gandeiro do Corgo José Antonio Ferreiro Palacios, que levou o primeiro premio a mellor semental e o de mellor animal até oito meses de idade, entre outros. Outro gandeiro que conseguiu un primeiro premio foi Alejandro Gutiérrez, de Pontevedra, na sección de vacas paridas.

Asistencia

Como xa é habitual, a poxa de Adai contou con numeroso público e asistencia de autoridades, entre outros, o presidente en funcións da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o alcalde do Corgo, Felipe Labrada, acompañado de varios concelleiros da súa corporación.

Manuel López Quiroga recibe o premio ao mellor becerro de 8 a 14 meses

Manuel López Quiroga recibe o premio ao mellor becerro de 8 a 14 meses

Poxa de femias

Poxa de femias

Xovenca do Centro de Recría Gayoso Castro

Xovenca do Centro de Recría Gayoso Castro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información