Resultados completos da poxa de Mazaricos: Prezo medio de 3148 euros por animal cun máximo de 5000 euros

Resultados completos da poxa de Mazaricos: Prezo medio de 3148 euros por animal cun máximo de 5000 euros

A poxa foi moi concorrida. Foto: Concello de Mazaricos

Este domingo celebrouse no concello coruñés de Mazaricos a edición número catorce da Poxa de Xovencas Memorial José Moreira, que puxo o broche final á xa tradicional Semana Gandeira.

A poxa foi moi animada e congregou a moito público no recinto feiral da Picota. Superouse con creces o prezo de saída. Así, vendéronse todos os animais que finalmente sairon a poxa (25), cun prezo medio de 3148 euros. As máximas cotizacións foron para “Nuveira Conguita Husky”, unha primeiriza da gandería Nuveira, de Mazaricos, que foi adquirida por 5000 euros pola Sat Busto Corzón, tamén do mesmo concello. Por un pouco menos, 4850 euros, adxudicouse Grille Discjoke Millemae 1543, unha primeiriza da gandería Serpe SC, que foi mercada por Gandería Xesteiro SC, de Zas.

Velaquí os resultados completos facilitados por Africor Coruña, organizadores desta poxa:

resultados poxa mazaricos 22

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información