
Chao 9332 ET. Foto: Cedida
Este domingo celebrouse a 26ª Poxa de Gando Frisón de Santa Comba, organizada por Africor Coruña, en colaboración coa cooperativa Xallas, o Concello de Santa Comba, a Deputación da Coruña, a ADSG Santa Comba e a Xunta de Galicia pola Cooperativa Xallas.
Adxudicáronse 18 animais cun prezo medio de 3208 euros e un volume de vendas de 57.750 euros. O prezo máximo foron os 3800 euros que se pagaron por GRILLE MAX 2077, da gandería Grille Cooperativa, de Mazaricos, que foi comprada por Gandería Landeira Castro SC, de Tordoia.O mesmo prezo pagouse por Chao 9332 ET, de Granxa Chao SL, que foi adquirida por Ganadería Xesteiro SC. de Zas.
Velaquí os resultados completos: