Este domingo celebrouse a XVI Poxa de Xovencas de Raza Frisona-Memorial José Moreira, que tivo lugar no Recinto Feiral da Picota, no marco da Semana Gandeira de Mazaricos.
Finalmente vendéronse os 18 animais que sairon a poxa, cu nprezo medio de 3076 euros e un máximo de 4600.
Na poxa estiveron presentes o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e mais a conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez, quen puxeron en valor a importancia para Mazaricos dun sector, o gandeiro, onde é líder galego, como primeiro produtor de leite do país.
Ao finalizar a poxa sorteáronse máis de 2.000 euros en premios para as persoas asistentes e para os compradores, incluíndo dende produtos e materiais agrogandeiros a produtos gastronómicos e mesmo estancias en balneario.
Velaquí os resultados completos:
Semana de actividades
A poxa supuxo o peche dunha semana de actividades onde as nenas e nenos de Mazaricos puideron achegarse a distintos exemplos de explotación gandeira ou de produtor agrícola en Galicia, coas visitas a Agrosoneira e a Gandería Os Loureiros (Vimianzo) e á Casa Grande de Xanceda (Mesía). O sábado 30, o recinto feiral acolleu actividades todo o día, como a exposición agraria e de servizos, a sesión vermú e xogos para toda a familia. Ademais, un ano máis, a Cadena SER emitiu un programa especial en directo arredor de Mazaricos e a súa potencialidade gandeira, gastronómica e turística.