Este domingo celebrouse a VI Poxa de Gando Frisón, no Concello de Boimorto, dentro do marco da feira MAGRECO. Participaron 12 animais, (9 primeirizas e 3 xovencas preñadas). Na poxa foron vendidos todos os animais cun prezo medio de 2.613 euros.
A cotización máis elevada foi para “Ilma Pety 369” de SAT ILMA, unha primeiriza parida, comprada en 3.250 € por Gandería Xesteiro.
Resultados completos: