Resultados completos da Poxa de Gando de Boimorto

poxa boimorto 23 2Este domingo celebrouse a Poxa de Gando de Boimorto, organizada por AFRICOR Coruña en colaboración co concello de Boimorto, dentro da feira gandeira e de maquinaria agrícola MAGRECO.

Finalmente saíron a poxa e vendéronse 12 vacas recén paridas procedentes de ganderías coruñesas, 10 frisoas e 2 de raza jersey. O prezo medio acadado foi de 3.300 euros por animal, cun máximo de 4.100 euros que se pagou por Campa Mascalese 963, da gandería SAT A Campa, e que foi adquirida pola gandería Xesteiro de Zas. Por 100 euros menos adxudicouse Ilma Accelerenown 595, da gandería SAT Ilma, que foi mercada por Miguel Cao Pombo, de Santiago de Compostela.

Velaquí os resultados completos:

RESULTADOS POXA BOIMORTO 2023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información