O sábado 25 de setembro foi a gran cita anual da gandaría frisoa coa celebración do Concurso Nacional, que este ano volveu á pista de Xixón despois do paréntese de 2020 debido á pandemia. Foi unha cita esperada polas 37 gandarías participante que presentaron un total de 132 animais e esperada tamén polo numeroso público presente ao longo de toda a xornada.
Pol Collell foi o encargado de xulgar as vinte e catro seccións do certame e fíxoo de forma profesional, rápida e amena, animando nos campionatos ás bancadas que aplaudiron todas as súas decisións.
Seccións de becerras e xovencas
O palmarés desta categoría comezou coas dúas novas seccións desta edición do Nacional: Mellor Rabaño e Mellor Criador de Tenreiras e Xovencas. En ambas as seccións impúxose a gandaría lucense S.A.T. Rey de Miñotelo; como Mellor Rabaño ao presentar un lote moi homoxéneo, como moi boa condición corporal e moi boa preparación. Como Mellor Criador, grazas aos puntos obtidos polos seus animais nas seccións individuais.
O título de Segundo Rabaño de Tenreiras e Xovencas foi para a gandaría asturiana Casa Venturo e o de Segundo Criador, para a cántabra Cudaña.
Como Campioa Nacional de Tenreiras e Xovencas Collell elixiu Rey 1014 Moovin Sony ET, de Rey de Miñotelo, unhas tenreiras de 9 meses con moito carácter leiteiro, a grupa máis limpa, forte no lombo e con moi boas patas. Como Subcampioa Nacional desta categoría foi elixida Cudaña App Haniko ET, de Cudaña, e foi Mención de Honra Rei 996 Warrior Sroseta Red ET, de Rey de Miñotelo.
Seccións de vacas en lactación
Ao tres da tarde entraba a pista a primeiras das seccións de vacas, nas que participaron animais con idades comprendidas entre os 19 e os 46 meses, repartidos en 5 seccións segundo a idade.
As gañadoras destas clases competiron polo título de Vaca Intermedia Campioa Nacional, que conseguiu Serrada Chantel Chief, de La Serrada (Ávila) grazas á súa mellor estrutura leiteira e calidade de óso. Para Casa Venturo foron os títulos de Intermedia Subcampioa Nacional, con Venturo Crushtime Romería, e a Mención de Honra, con Venturo Emilio Roma ET.
A continuación xulgáronse o catro seccións de vacas adultas que deron pasado á entrega dos premios ao Mellor Criador Nacional de Vacas, que recaeu en Gan. Diplomada Badiola; Segundo Criador de Vacas, para Casa Venturo; Mellor e Segunda Autonomía para Asturias e Cantabria respectivamente; e Mellor Rabaño Nacional, para o lote presentado por Casa Flora (Asturias) e Segundo Rabaño para Casa Venturo.
A categoría de adultas tivo como Campioa Nacional a unha vaca ben coñecida polos afeccionados ás boas frisoas e aos concursos. Llinde Ariel Jordan, de SAT Ceceño, impúxose co seu espectacular sistema, fortaleza de lombo e patas. Como Adulta Subcampioa foi elixida Trespandio Alicia Link Up, de Sarabia-Isla (Cantabria) e como Mención de Honra, Flora Gold Chip Lipstick, de Casa Flora.
Finalmente este tres magníficas vacas impuxéronse en como Vaca Gran Campioa Nacional, Gran Campioa Reserva e Mención de Honra.
Merecidos homenaxes
Antes do Campionato de Vaca Adultas presentáronse en pista dous excelentes animais de case 12 anos que por morfoloxía e produción merecéronse o recoñecemento do público: HM-Holstein Brenda 366, da gandaría Hernández Martín (Ávila) e Rey 509 Ninfa Spirte, de Rey de Miñotelo (Lugo).
A continuación recibiron a homenaxe pola súa longa traxectoria como xuíces gandeiros José Ramón Arronte, José Ramón Badiola, José Manuel Medina e Jesús Francisco Méndez. Por último, Juan Manuel Fernández Ahedo, recentemente xubilado, recibiu a placa en recoñecemento aos seus anos de traballo en ANFE e CONAFE como técnico calificador e xefe do departamento de Morfoloxía.
Pechouse a entrega de premios cos correspondentes aos manejadores do concurso, cuxo traballo é imprescindible para que os animais mostren as súas mellores virtudes na pista. Este ano os elixido foron, por esta orde, Alberto Iglesias, Germán Fernández e Cristina Carro.
41 CONCURSO NACIONAL DE LA RAZA FRISONA CONAFE 2021. PREMIOS:
MEJOR REBAÑO NOVILLAS: S.A.T. REY DE MIÑOTELO (LUGO)
SEGUNDO REBAÑO NOVILLAS: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)
MEJOR CRIADOR NOVILLAS: S.A.T. REY DE MIÑOTELO (LUGO)
SEGUNDO CRIADOR NOVILLAS: CUDAÑA (CANTABRIA)
NOVILLA CAMPEONA:
REY 1014 MOOVIN SONY ET
Propietario: S.A.T. REY DE MIÑOTELO (LUGO)
Padre : LINDENRIGHT MOOVIN ET
NOVILLA SUBCAMPEONA:
CUDAÑA APP HANIKO ET
Propietario: CUDAÑA (CANTABRIA)
Padre : SIEMERS LAMBDA HANIKO ET
NOVILLA MENCION DE HONOR:
REY 996 WARRIOR SROSETA RED ET
Propietario: S.A.T. REY DE MIÑOTELO (LUGO)
Padre : MR BLONDIN WARRIOR- RED ET
VACA INTERMEDIA CAMPEONA:
SERRADA CHANTEL CHIEF
Propietario: LA SERRADA (AVILA)
Padre : STANTONS CHIEF ET
VACA INTERMEDIA SUBCAMPEONA:
VENTURO CRUSHTIME ROMERIA
Propietario: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)
Padre : COL DG CRUSHTIME ET
VACA INTERMEDIA MENCIÓN DE HONOR:
VENTURO EMILIO ROMA ET
Propietario: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)
Padre : WILT EMILIO
MEJOR CRIADOR VACAS: GAN.DIPLOMADA BADIOLA, S.L. (ASTURIAS)
SEGUNDO CRIADOR VACAS: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)
MEJOR AUTONOMÍA: ASTURIAS
SEGUNDA AUTONOMÍA: CANTABRIA
MEJOR REBAÑO VACAS: CASA FLORA. SDAD.CIVIL (ASTURIAS)
SEGUNDO REBAÑO VACAS: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)
VACA ADULTA CAMPEONA:
LLINDE ARIEL JORDAN
Propietario: S.A.T. CECEÑO (CANTABRIA)
Padre : GILLETTE JORDAN ET
VACA ADULTA SUBCAMPEONA
TRESPANDIO ALICIA LINK UP
Propietario: SARABIA-ISLA, S.C. (CANTABRIA)
Padre : EDG MOGUL LINK UP 8217 ET
VACA ADULTA MENCIÓN DE HONOR
FLORA GOLD CHIP LIPSTICK
Propietario: CASA FLORA. SDAD.CIVIL (ASTURIAS)
Padre : MR CHASSITY GOLD CHIP ET
VACA GRAN CAMPEONA NACIONAL
LLINDE ARIEL JORDAN
Propietario: S.A.T. CECEÑO (CANTABRIA)
Padre : GILLETTE JORDAN ET
VACA GRAN CAMPEONA NACIONAL RESERVA
TRESPANDIO ALICIA LINK UP
Propietario: SARABIA-ISLA, S.C. (CANTABRIA)
Padre : EDG MOGUL LINK UP 8217 ET
MENCION DE HONOR GRAN CAMPEONA NACIONAL
FLORA GOLD CHIP LIPSTICK
Propietario: CASA FLORA. SDAD.CIVIL (ASTURIAS)
Padre : MR CHASSITY GOLD CHIP ET