Resultado das mesas de prezos de Silleda, nunha semana sen poxas de vacún

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca cancelou as poxas de gando con motivo da Semana Verde e só celebrou a mesa de prezos

A Central Agropecuaria de Galicia cancelou todas as poxas (becerros de recría, cebo e vacas) con motivo da feira Semana Verde. A próxima semana, o martes 4 de xuño, celebrarase só a poxa de becerros de recría, suspendéndose as de cebo e vacas. A apertura das portas para a recepción de gando será a partir das 22:00 horas do luns 3 de xuño.

Na xornada de hoxe si levou a cabo a mesa de prezos, na que os leitóns presentaron unha baixada de tres euros. Así os exemplares chegados dunha única granxa están nos 89 euros (cun prezo de 4,45 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 84 euros e cun prezo por quilo de 4,2 euros.

As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,845 euros; o normal en 1,82 euros e o de Canle II nos 2,364 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.

O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada. Desta maneira, os prezos quedan así: os da XL 2,83 euros; os da L en 2,24 euros; os da M en 2 euros e, finalmente, os da S en 1,70 euros. As galiñas de desvieje tamén se manteñen nos 0,29/0,37 euros/kg.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,20 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).
28_05_2024_page-0001

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información